venres, 23 de xuño de 2017

Recomendacións de lectura de verán

Aquí tedes as recomendacións de lecturas para este verán. Estamos de vacacións.
Ata setembro!!






domingo, 18 de xuño de 2017

Unha segunda vida para os libros usados

O IES Torrente Ballester promove a súa I FEIRA DE LIBROS USADOS o vindeiro 21 de xuño.
Se queres saber máis información, pulsa na imaxe.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/06/13/segunda-vida-libros/00031497345404967736352.htm

sábado, 3 de xuño de 2017

Lector de maio: Juan Pedro Ruano

Último lector do curso. Aquí está Juan Pedro, o devorador de libros. Noraboa!

LEO: Cantos anos tes, Pedro?
JUAN PEDRO: 6. 
LEO: A mascota da biblio chiboume que fuches o que máis libros leu neste mes de maio. É certo iso?
JUAN PEDRO: Sí. 

LEO: Cantos libros liches?
JUAN PEDRO: Nin idea. 

LEO: Acordaste dalgún libro?
JUAN PEDRO: Só do de "A bañarse", que ten a portada cun león ("A bañarse" de Taro Gomi. Editorial Kalandraka). 

LEO: De que vai este libro, Juan Pedro?
JUAN PEDRO: Dun neno que se disfraza de león e que se tira na bañeira e que se enche de burbullas. 

LEO: E por que había burbullas?
JUAN PEDRO: Pois non sei. 

LEO: Que fixo despois o neno?
JUAN PEDRO: Despois secouse e foi para o salón. 

LEO: E no salón que fixo?
JUAN PEDRO:  Mirou a tele. 

LEO: Vale. Recordas algún libro máis?
JUAN PEDRO: Non, só ese. 

LEO: Que libros son os que máis che gustan? 
JUAN PEDRO: Os e aventuras e os de policías. 

LEO: E cando vas á biblio, como fas para buscar un libro que che gusta?

JUAN PEDRO: Porque vexo as historias. 
LEO: Non che entendo. Mellor colle un libro calquera e mo explicas. 
JUAN PEDRO: (Sinalando o lomo) Leo aquí. 
LEO: Ah, vale! Les o título do libro que está no lomo. Unha cousa, esta parte de aquí, chámase lomo. 
JUAN PEDRO: Sí. 
LEO: E lendo o título xa sabes se che gusta un libro ou non?
JUAN PEDRO: Sí. E me encantan os que leo. 
LEO: Tes libros na casa?
JUAN PEDRO: Moitísimos. Hai como 500. 
LEO: E xa liches todos?
JUAN PEDRO: Non, home. 
LEO: Les ti só?
JUAN PEDRO: Coa miña nai. 
LEO: Dime un segredo. Quen le mellor dos dous? En baixiño para que non se entere ninguén...
JUAN PEDRO: Eu. Mamá aínda está aprendendo. Bueno, non...a ver...os dous. 
LEO: Vale, vale. Está perfectamente explicado. E papi, tamén está aprendendo?
JUAN PEDRO: Non. El xa le libros de maiores. 
LEO: Ben. Cóntame agora que cousas que gustan da biblio?
JUAN PEDRO: Os libros, as películas e os libros de Brunilda. 
LEO: Pero entón, tamén che gustan os libros de meigas, non só de policías. 
JUAN PEDRO: Sí. 
LEO: Ok. E sabes que de Brunilda hai un montón de libros?
JUAN PEDRO: Sí. 
LEO: E xa tiveches tempo de lelos todos?
JUAN PEDRO: Non, todos non. 
LEO: Despois, cando fagamos a foto, cóntoche onde están colocados todos os libros de Brunilda: os contos e os cómics. 
JUAN PEDRO: Vale. 
LEO: Cando les máis? Pola mañá, pola tarde, pola noite?
JUAN PEDRO: Pola noite. 
LEO: Estupendo, Juan Pedro. Imos facer a foto xa que vai tocar o timbre. Somos un charlatáns!
JUAN PEDRO: Xa.