martes, 2 de maio de 2017

Lector de abril: Guillermo Torres

Vaia sorpresa máis grande cando aparece o nome de Guillermo de primeiro na lista de lectores do mes!! Con moita sorpresa e algo de nervios, aquí vos deixo a súa entrevista:

LEO: Vaia, vaia! Vexo que ti tampouco cres nada...
GUILLERMO: Non.
LEO: Pois mira, imos encender o ordenador... Quen sae de primeiro?
GUILLERMO: Eu.
LEO: E cantos libros pon ahí que colliches este mes?
GUILLERMO: Nove.
LEO: Acordaste de cales son eses libros?
GUILLERMO: ... non.
LEO: Perdoa!! Non me sabes dicir o título de ningún libro??
GUILLERMO: Non. Collemos papá.
LEO: Mira unha cousa, les ti os libros ou le papá por ti?
GUILLERMO: Eu!
LEO: Seguro que o les ti? Cóntame como fas...
GUILLERMO: Pois leo.
LEO: Non sei, non sei. Gústache ler?
GUILLERMO: Máis ou menos.
LEO: Iso é un non clarísimo. Estou no certo?
GUILLERMO: Sí.
LEO: Por que les, entón?
GUILLERMO: Porque manda o meu pai.
LEO: Pero eu sei que cando eras pequeno, gustábache ler...
GUILLERMO: Non...
LEO: Como que non! Con seis e sete anos lías un montón na clase.
GUILLERMO: En casa non.
LEO: No cole sí, na casa non... É difícil de entender iso...
GUILLERMO: Porque os da casa eran libros máis grandes!
LEO: Vale, vou entendendo. Gústanche os libros máis ben pequenos e con pouca letra.
GUILLERMO: Sí.
LEO: Entón, iso quere dicir que es un pouco vagonetas...nada máis.
GUILLERMO: (risas) Non. Bueno, un pouco nada máis.
LEO: Como podemos facer para que che guste ler un pouco máis?
GUILLERMO: Non sei.
LEO: Hai algún tipo de libro que che guste moito?
GUILLERMO: Non.
LEO: Estasmo poñendo moi difícil... A ver, estes libros que podes, primeiro, ler o libro e, despois, ver a peli para comparar, gústanche? Como, por exemplo, o de Arlo ("El viaje de Arlo" de Disney. Pixar) ou o de a patrulla canina ("La patrulla canina" de Jennifer Liberts. Editorial Beascoa)?
GUILLERMO: Sí.
LEO: Pois entón, podes negociar. Podes ler o libro de Arlo, que é un libro gordo, e logo ver a peli. Pode ser que papá acepte o plan?
GUILLERMO: Sí.

LEO: Entón, non me sabes dicir se che gustan os libros de policías, de medo, de risas,... para buscar algún que che guste?
GUILLERMO: De risas, sí.
LEO: E sabes algún de risas que che guste?
GUILLERMO: Sí, de Mortadelo ("Todo Mortadelo y Filemón" de Francisco Ibáñez. Ediciones B).
LEO: Iso é un cómic...Gústanche os cómics?
GUILLERMO: Sí.

LEO: Déixame adiviñar...porque teñen menos letra, verdade?
GUILLERMO: (risas) Sí.
LEO: Dixécheslle a papá que che gustaban os tébeos?
GUILLERMO: Non...
LEO: Cando les?
GUILLERMO: Despois de facer os deberes.
LEO: E les só ou con alguén?
GUILLERMO: Só.
LEO: E por que non les con Agustín? Non lle gusta ler a el?
GUILLERMO:  A Agustín, máis ou menos lle gusta.
LEO: E por que non lle axudas ti?
GUILLERMO: Porque xa o axuda papi.
LEO: E por que tes a papi facendo de todo?
GUILLERMO:  (risas)......
LEO: Non podes axudar ti a Agustín?
GUILLERMO: Si...
LEO: Pero...non interesa.
GUILLERMO: Non.
LEO: Seguro que é porque é moi pesado.
GUILLERMO: Sí.
LEO: Pois dígoche eu que se lle pregunto a el, seguro que vai dicir que o pesado es ti.
GUILLERMO: Non!
LEO: Mira, xa pensei o que vou facer. Creo que lle vou dar o premio a teu pai que o merece máis ca ti. Paréceche?
GUILLERMO: Non!
LEO: Entón, que fago co premio?
GUILLERMO: Para min!
LEO: Non sei, non sei,... Imos buscar un sitio para facer a foto mentres decido que facer co premio do lector do mes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario