martes, 31 de xaneiro de 2017

A escritora Marilar Aleixandre ingresa na Real Academia Galega.
Pero... quen é Marilar?? No seu blog podes consultar toda a información necesaria.
Na biblioteca temos un montón de libros seus. Todos moi interesantes!
Pregunta por eles!


mércores, 25 de xaneiro de 2017

Obradoiro


xoves, 12 de xaneiro de 2017

Lector de decembro: Nuria da Silva

E como non podía ser menos, outra sorpresa para rematar o ano! Ata os maiores de sexto tiven que ir para atopar ao último lector do 2016. Esta clase está imparable. Estou requetefeliz!

LEO: Como te chamas?
NURIA: Nuria da Silva. 
LEO: Cantos anos tes, Nuria?
NURIA: 11. 
LEO: Recordas cantos libros liches?
NURIA: ...pois...dous de Harry Potter ("Harry Potter y la cámara secreta" De J. K. Rowling. Editorial Círculo de Lectores), o dos frikis ("Escuela de frikis" de Gitty Daneshvari. Editorial Montena) e O que lle aconteceu a Barnaby Brocket (“O que lle aconteceu a Barnaby Brocket de Carlos Acevedo. Editorial Edebé)..
LEO: Tes algún favorito entre eles?
NURIA: O primeiro de Harry Potter ("Harry Potter e a pedra filosofal" de J.K. Rowling. Tradución de Marilar Aleixandre. Editorial Galaxia). Levei o libro e a peli. 
LEO: E que está mellor, o libro ou a película?
NURIA: O libro sempre. 
LEO: Por que?
NURIA: Porque a película destaca máis os efectos especiais. Cando está na aventura é mellor. O libro, durante a historia enteira, explica moito máis. 
LEO: Tes toda a razón, Nuria. Pero ti sabes que hai moitos nenos que non pensan así?
NURIA: Home, os libros de Harry Potter son longos pero molan. A peli é máis doada de ver. Na peli hai esceas que non destacaban no libro. O máis raro de todo é que hai dúas cousas que se saltaron na película. 
LEO: Carambas, que nivel! De que te diches conta? Que saltaron?
NURIA: Non saian os diferentes botes de poción para elixir e poder pasar e tampouco aparecía o troll que está morto dun puñetazo na cabeza. 
LEO: Que tipos de libros che gustan?
NURIA: Fantasía. 
LEO: E descubriches algún libro que non che gustara nada?
NURIA: Hai libros que non me gustan nada, como os cómics. Os libros que non traen demasiados debuxos e non explican a historia ben. Gústanme con poucos debuxos. Por exemplo, os de Gerónimo Stilton, os libros xigantes, que traen a letra grande e moitos debuxos, non me gustan. 
LEO: Xa sabes que é moi raro que atópemos lectores en sexto. Que farías ti para que houbese máis?
NURIA: Eu creo que non ten que ver con iso. A min pódeme levar quince días ler un libro. E non é o mesmo coller un libro de Harry Potter que coller libros deses que len nun día os pequenos. 
LEO: Pero... ti daste conta de que os pequenos len moito máis despacio do que podes ler ti. E que eles poden ler un ratiño algunhas páxinas e, logo, xa non queren ler máis. E ti podes ler unha hora, ou máis, todos os días e non te cansas. 
NURIA: Xa pero aínda así...o normal é que gañen os pequenos. 
LEO: Bueno, bueno...Que se che ocorre a ti para animar a ler aos que non lles gusta?
NURIA: Pois que busquen libros que seguro que algún atopan para ler. Ten que haber algún que lles guste. De poesía, fantasía, manga, cómic,...algún ter que gustarche. Ves algúns libros que están vellos pero son bos pero hai que buscar. Como, por exemplo, o de Matilda ("Matilda" de Roald Dahl. Editorial Alfaguara). Outros que pasas e non te atraen pero te paras e atopas algún que sí. Eu pareime, busquei e, todos os que me chamaron, os anotei nun papel para collelos despois. 
LEO: E na biblio, que podemos facer nós para animarvos a ler máis?
NURIA: Eu creo que se debería coller outro tipo de libros, libros de todo tipo. E tamén hai que ver que son aptos porque algúns son para maiores. 
LEO: Mensaxe recibida, Nuria! Imos facer a foto, vale?
NURIA: Sí.
LEO: Busca un sitio que che guste para a foto e sorrí moito para saír ben guapa. Noraboa!




domingo, 1 de xaneiro de 2017

Feliz ano 2017!