sábado, 10 de decembro de 2016

Lector de novembro: Marta Dasilva

De sorpresa en sorpresa! Os lectores deste curso son unha marabilla. Moitos recreos pasa a miña amiga Marta na biblioteca buscando libros. Atentos!

LEO: Como te chamas?
MARTA: Marta.
LEO: Cantos anos tes? 
MARTA: 7 anos.
LEO: Hai un montón de fichas de espedregadís feitas por ti este mes. Por que?
MARTA: Porque me gusta ler.
LEO: Así de repente? Antes non che gustaba ler?
MARTA: Sí que me gustaba.
LEO: E logo, por que non as facías o curso pasado?
MARTA: Non sei.
LEO: Cales son os teus libros favoritos?
MARTA: Os de animais.
LEO: Hai algún libro que che guste moito, moito, moito?
MARTA: Sí pero non sei como se titula.
LEO: E sabes onde está? Queres ir buscalo?
MARTA: Sí. ("A noite das mudanzas" de Pep Bruno & Lucie Müllerová. OQO editora).
LEO: Que ocorre neste libro?
MARTA: Un señor que está buscando á vaca para tomar leite pero todos os animais están cambiados de sitio. O burro está no sitio da vaca. O can no sitio da galiña. E a vaca no sitio da ovella.
LEO: Andá! E o señor que sen tomar leite entón?
MARTA: Non, colle o leite, vai para cama e listo.
LEO: E como consigue atopar o leite?
MARTA: Porque vai buscando por todos os sitios ata que aparece a vaca.
LEO: De acordo, Marta. Moi ben. Dime unha cousa, por que che gusta ler?
MARTA: Non sei... Porque así sei máis cousas.
LEO: Certo, moi certo. E agora unha pregunta súper difícil. Que farías ti cos teus compañeiros de clase para animalos a ler tanto coma ti? Que lles dirías?
MARTA: Que lle dan cousas. Se fan a ficha dos espedregadís, a final de curso, collen o que eles queiran na Feira Medieval.
LEO: Esa é un bo motivo. Con quen les na casa, Marta?
MARTA: Algunhas veces con mamá, outras con papá e outras con Nuria.
LEO: E quen le máis?
MARTA: Nuria.
LEO: Estou de acordo, Nuria colle moitos libros aquí. Pero libros de maiores xa.
MARTA: Leu o de "Mujercitas", que era así de gordo...
LEO: Claro, porque ela xa le moi rápido. A ti vaiche pasar o mesmo, xa verás. Imos facer a foto. Ponte guapa!



Ningún comentario:

Publicar un comentario