venres, 8 de abril de 2016

Lector de marzo: Antía Iglesias

Por fin un rapaz de Educación Infantil!! Xa case pensaba que aos pequenos do cole non lles gustaban os libros da biblioteca. Que susto! Aquí está Antía para decirnos que iso non é así aínda que, estaba un pouco desconcertada, cría que non lera tanto para poder converterse na lectora do mes.

LEO: Como te chamas?
ANTÍA: Antía 
LEO: Cantos anos tes?
ANTÍA: 5. 
LEO: Sabes como se chama a túa profe?
ANTÍA: Cristina. 
LEO: Moi ben, Antía. Outra pregunta. Podes dicirme se liches moitos libros?
ANTÍA: Sí. 
LEO: E recordas algún? 
ANTÍA: El libro de las hadas. Uno de un conejito, de una marca. Otro igual. O da marca químico. Princesa do Courel. ("El libro de las hadas" de Leonora Barsotti. Editorial Susaeta; "El conejo" e "El perro". Editorial Kimiko; "A princesa do Caurel" de Javier I. Solchaga. Editorial Patacrúa). 
LEO: Como que igual? Hai un repetido?
ANTÍA: Non. Un do coello e outro dun can. 
LEO: Vale, vale, Antía. Xa me chega. Son un montón. E cal che gustou máis de todos os que acabas de decirme?
ANTÍA: O do coelliño. 
LEO: De que vai este libro?
ANTÍA: De que un coelliño xogaba cos seus amigos e o pasaba moi ben. Despois foron a xunto da nai. 
LEO: E a que foron a xunto da nai?
ANTÍA: Non o sei porque non o poñía o libro. 
LEO: Oh! Como pode ser iso? Hai un libro sen acabar na biblio?
ANTÍA: Non pero acababa así. 
LEO: Ah, que susto! Pois moi ben entón. Dime cales son os teus libros favoritos. 
ANTÍA: Os de princesas, os de fadas e nada máis. 
LEO: Antía, unha pregunta difícil. Ti sabes dicirme cal é a princesa máis guapa de todas?
ANTÍA: Sí, Peach
LEO: Non coñezo a Peach! Dime como é, por favor. 
ANTÍA: Pelo longo, amarelo. A cara é de cor carne. Os ollos tamén son carne. Leva posto un vestido rosa. E tamén luvas brancas. 
LEO: Como coñeces a Peach? Hai unha película?
ANTÍA: Non, duns xogos que teño na Nintendo. 
LEO: E gústache xogar?
ANTÍA: Sí. 
LEO: Xogas ti soa?
ANTÍA: Tamén con Uxi. A Uxía tamén lle gusta. En realidade se chama Uxía, miña irmá. 
LEO: E quen gaña cando xogades xuntas? 
ANTÍA: Uxía. 
LEO: Sempre gaña ela?
ANTÍA: Sí. 
LEO: Eu creo que fai trampas. Non pode ser que sempre gañe ela. Non te parece?
ANTÍA: Sí, sempre fai "trampillas". 
LEO: Só nos queda facer a foto Antía. Así que busca un sitio que che guste para facela.