venres, 24 de abril de 2015

Día do libro

O apadriñamento lector é unha das actividades que máis gustan aos nosos alumnos. Os padriños e as madriñas sintense moi responsables e levan a cabo a súa tarefa de xeito sobresaínte. Os afillados e afilladas escoitan moi atentos e agradecidos os contos elixidos para eles. O reparto foi o seguinte: os padriños de 5º e 6º leron aos aos de 1º. Os padriños de 4º leron aos de Infantil. E os de 3º foron os encargados de ler aos de 2º. 
   
                  

                                           
        
       

                                     
   


luns, 20 de abril de 2015

Lector de marzo: Pablo Pena

Pablo de 1º, é o noso lector do mes de marzo. Xa veredes que Pablo é un neno de poucas palabras pero todas moi clariñas. Prestade atención a esta interesante entrevista. Desde aquí, dicimos ben alto: Moitas felicidades Pablo!

LEO: Cantos anos tes, Pablo?
PABLO: 7 anos. 
LEO: Pablo, es o lector do mes de marzo. Como te sintes?
PABLO: Ben. 
LEO: É a primeira vez que es o lector do mes. Mola ou non mola?
PABLO: Sí. 
LEO: E sabes que é o que significa iso?
PABLO: Non. 
LEO: Pois significa que fuches o que máis libros leu desta biblioteca durante todo o mes de marzo.
PABLO: Vale. 
LEO: Cales son os teus libros favoritos?
PABLO: Os de Mortadelo e Filemón. Bueno, os cómic de Mortadelo e Filemón ("Todo Mortadelo y Filemón" de Francisco Ibáñez. Ediciones B. 2005). 
LEO: En que momento les, Pablo?
PABLO: Soamente polas tardes. Pola semana. 
LEO: E logo, sábados e domingos que fas, descansas?
PABLO: Sí, para xogar ao fútbol. 
LEO: E le alguén contigo?
PABLO: A avoa ou mami. Pero mami, mentres non vai a traballar. 
LEO: A avoa? E a túa avoa gústalle Mortadelo?
PABLO: Si. 
LEO: E unha pregunta. Les ti á avoa ou ti escoitas o que che le a avoa?
PABLO: ha, ha, ha. Leo eu á avoa. 
LEO: Xa me parecía... E xa que falamos deles, que son Mortadelo e Filemón?, Sabesme explicar?
PABLO: Son dous que son amigos e sempre están xuntos. 
LEO: E que fan cando están xuntos?
PABLO: Xogan ao fútbol, van en coche,...
LEO: E quen é o mellor dos dous para ti?
PABLO: Filemón porque fai moitas bromas. É máis divertido. 
LEO: Cal é o mellor libro que hai na biblioteca?
PABLO: Calquera de Os Bolechas. 
LEO: Moi ben. E outra pregunta. Ademais de coller libros, que outras cousas fas aquí?
PABLO: Coller películas e ir ao ordenador dos voluntarios para que mas presten. 
LEO:  E que películas che gustan?
PABLO: A de Spidermann e a de Ironmann. 
LEO: Carambas, Pablo. Esas son as máis novas que temos na biblio. E xa as viches!
PABLO: Sí. 
LEO: Algunha cousa máis que queiras dicir?
PABLO: Non. 
LEO: Moi ben, Pablo. Pois en pouquiños días, xa poderás ver a túa entrevista no blogue da biblioteca. Chao!

sábado, 11 de abril de 2015

Sesión de teatro

Os rapaces da Actividade "Á procura do tesouro", farán este domingo a representación teatral na que estiveron traballando todo o curso. Estades invitados!.
Domingo 12 ás 20.00 horas no Teatro principal. Entrada gratuita.


luns, 6 de abril de 2015

Feira do libro

Un ano máis, comeza a Feira do Libro. A primeira cidade deste ano será Pontevedra. Pinchando na foto atoparedes máis información.


xoves, 2 de abril de 2015

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe, 2 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil con esta selección de libros estupenda. Os 25 libros que todo neno debería ter para ler. Moitos deles, os tedes na biblio. E están esperando por vós para ser lidos!!

Clica na imaxe para acceder á lista

E para os adultos que? Pois tamén hai una lista de libros infantís que todos deberíamos ler nalgún momento.
Dalgúns, incluso hai unha película feita pero coma sempre, non hai comparación posible. O libro sermpré será o gran aliado da imaxinación.
Accede á lista pinchado aquí.