domingo, 20 de decembro de 2015

Amigo Invisible

Chegou Papá Noel!! Todos estábamos moi nerviosos porque Papá Noel non daba chegado. Segundo nos dixeron, parece ser que ser perdeu polo camiño. Será posible!
Despois, levamos a cabo o noso II AMIGO INVISIBLE. En que consiste? Pois cada un dos nenos do cole debe facer un agasallo de refugallo (elaborado na casa, en colaboración coas familias) para algún compañeiro do cole pero que, ata o último día de clase, non se coñece quen vai ser. Por iso se chama amigo invisible. Abaixo, podedes ver as parellas formadas no amigo invisible.
Un ano máis, damos as grazas ás familias pola súa implicación e por eses agasallos tan bonitos e orixinais.





















martes, 8 de decembro de 2015

Lectoras de outubro e novembro: Lina e Azahara González

Non podíamos empezar de mellor xeito este curso. As dúas primeiras lectoras do curso son unhas auténticas deboradoras de libros. Encántalles ler e cubrir as fichas resumo para conseguir moitos Espedregadís. Xa teñen un montón. Son moi amigas e están na mesma clase. Moitas felicidades ás dúas!

LEO: Bueno, señoritas, como vos sentides?
AZAHARA: Ben. 
LINA: Ben non, xenial! 
LEO: Por que estades tan contentas?
AZAHARA: Porque estamos moito ser o lector de mes. Eu xa fun lectora o curso pasado. 
LINA: Eu tamén. 

LEO: Eu creo que xa o fuches en Infantil. Non deixas sitio para os demais!  
LINA: Sí. Pero non penso parar nunca de ler. 
LEO: Cal foi o libro que lichedes ultimamente?
AZAHARA:  Eu lín o do peixe dourado que me gustou moito. ("El pez Fernando" de Matt Buckingham. Editorial Pearson Alhambra). 
LEO: E de que trata este libro?
AZAHARA:  Dun peixe que ten moitos amigos e dun tiburón que o quere comer. 
LINA: Eu este. ("El tesoro de los cuentos de hadas" de Dorothea Goldenberg e Bette Killion. Editorial Publications International, LTD). 
LEO: E este libro de que trata?
LINA: Dun lobo que quería ser un príncipe e colleu unha témpera para pintarse pero quedou durmido e non fixo nada. Quería casar coa Bela Durminte. Ela chorou porque pensou que estaba morto en lugar de durmido. Despois, quen chorou foi o lobo porque, ao final, a Bela Durminte, casou con outro e non con el. 
LEO: E algún destes é o voso libro favorito ou tedes outro?
AZAHARA:  La calabaza de Brunilda ("La asombrosa calabaza de Brunilda" de Valerie Thomas e Korky Paul. Editorial Blume). 
LINA: Pequeño azul, pequeño amarillo. ("Pequeño azul, pequeño amarillo" de Leo Lionni. Editorial Kalandraka). 
LEO: Ahh! Ese libro sei que o lichedes todos xuntos en clase coa profe.  
LINA: Sí. 
LEO: Pois agora contovos unha cousa. Temos libros novos que vos van encantar, como estes que están aquí: "Rosa caramelo", "Estrambólicos", "Es un libro", etc. A próxima semana xa estarán listos. 
AZAHARA: Uau! Rosa. Pois eu xa veño a próxima semana e xa os collo. 
LINA: Eh profe! Este foi o que nos liches en clase. ("Enamorados" de Rébecca Dautremer. Editorial Kókinos). 
LEO: Sí, é outro dos novos. Chicas, queredes dicir algo máis?
AZAHARA: Que nos gusta moito ler. 
LINA: Moito, moitísimo. Mil millóns de libros e quero ler todos los libros que hai aquí para que compredes máis. 
LEO: E pensades que falta algo na biblioteca? Que pensades que é necesario comprar para a biblioteca?
LINA: Capítulos de época que soamente hai 14 ("Érase una vez... el hombre". Edicións Junior, S. A.. Editorial Grupo Grijalbo). 
AZAHARA: Máis revistas. 
LEO: Bueno chicas, o mércores xa teredes a vosa entrevista lista. Moitas felicidades as dúas! 


martes, 1 de decembro de 2015

Novidades

Xa tedes aquí algunhas das novidades do primeiro trimestre. A que esperades para lelas?




venres, 20 de novembro de 2015

Magosto

Primeiro, un pouco de exercicio solidario e logo....súper merenda!
Así celebramos o Magosto no CEIP Espedregada: comezamos cunha carreira solidaria en colaboración con SAVE THE CHILDREN. Despois de quentar os músculos, os alumnos percorren uns cantos "quilómetros" (volta ao patio = 1 quilómetro) para axudar a outros nenos e nenas que teñen máis dificultades na súa vida.
Tras este gran esforzo, os rapaces e rapazas puideron disfrutar das castañas e uns riquísimos bocatas de pan con chourizo que lles preparou a ANPA con moito cariño e traballo. Un día xenial!

 

 

 

 

 



 

 

 

 

 


luns, 2 de novembro de 2015

Samain

Deste xeito tan apetitoso celebramos o Samain no cole: momias, ollos monstrosos, caveiras, xeringas, tumbas....ata vómito de cabaza!
Despois, desfrutamos dunha pequena obra de teatro a cargo dos maiores do cole titulada "Unha avoa un pouco bruxa".
Os corredores do cole tamén foron decorados con receitas máxicas para ser famoso, para aprobar todas, para evitar a caída do cabelo, etc.
Quen se atreve a probar estes horribles pratos??