venres, 21 de novembro de 2014

Contacontos

O vindeiro LUNS 24 DE NOVEMBRO, ás 16.00 horas, terá lugar no CEIP Espedregada unha sesión de contacontos organizada pola ANPA do centro.
Estades todos convidados. Non faltedes!!

Concertos en familia: "Pedro e o lobo"

O Pazo de Cultura de Pontevedra convídanos ao novo espectáculo de Fantoches Baj coa música da Banda Sonora de Pontevedra.
Terá lugar o vindeiro domingo 23 de novembro ás 18.30 horas no Teatro Principal. As entradas teñen un custe de 3 euros para os menos e de cinco para os adultos.
Pinchando aquí, podedes atopar toda a información.

Magosto

Un ano máis tivo lugar no CEIP Espedregada a carreira solidaria en colaboración con  SAVE THE CHILDREN. Ás 12.00 horas, empezamos xuntos a correr para axudar aos nenos e nenas de Mali e despois de tanto esforzo, comemos castañas para repoñer forzas.

 



 



 







venres, 14 de novembro de 2014

Lector de outubro: Javier Taboada Meis

Ola a todos!! Temos aquí ao primeiro lector do curso 2014 - 2015. Estaba tan contento como sorprendido, non cría que pudiera ser el. Moitas felicidades Javi!!
Aquí tedes todo o que nos dixo.

LEO: Como te chamas?
JAVI: Javier Taboada Meis. 
LEO: Cantos anos tes Javi?
JAVI: 8 anos. 
LEO: Es o primeiro lector do mes deste curso, Sabes que quere dicir  iso?
JAVI: Significa ser o que máis veu á biblioteca e o que libros levou para ler. 
LEO: E o que máis leu!! Non te olvides, que o noso ordenador sabe todo. 
JAVI: Xa. 
LEO: Que libros liches Javi?
JAVI: Scoobydoo y el hombre lobo, Duendecillo Membrillo, Luci Luciernaga, Piojo Rastrojo,.. ("El hombre lobo" de James Gelsey. Colección Misterios a 4 patas. Editorial Laberinto; "Duendecillo membrillo" de Cristina Rodríguez Fischer. Editorial Blume; "Luci luciérnaga" e "Piojo rastrojo" de Antoon Krings. Editorial Blume). 
LEO: Carambas, un montón! E cal che gustou máis?
JAVI: O de Piojo rastrojo. 
LEO: De que trata o conto de Piojo rastrojo?
JAVI: Había un piollo que caeu dunha melena dun neno. Entón, arranxou unha casa de madeira para poñer unha perruquería e chamoulle "Perruquería Rastroxo". E o seu primeiro cliente foi unha abella. 
LEO: E por que che gusta ler?
JAVI: Porque os contos teñen lecturas divertidas e serven para aprender e ler mellor. 
LEO: De que tratan os teus contos favoritos?
JAVI: De aventuras. 
LEO: E en casa Javi, tes libros para ler?
JAVI: Sí. 
LEO: E cales les máis?, Tes algún favorito?
JAVI: Os contos de Disney. Gústame moito o de Os Aristogatos. Son unha gata e tres gatos que están a punto de ser envelenados por un home malvado. 
LEO: Moi ben Javi. En que momento les?
JAVI: Os xoves, os venres, os mércores, os luns....
LEO: Case todos os días polo que vexo. E en que momento do día? 
JAVI: Pola noite, en cama. Leo só antes de durmir. 
LEO: Moi ben Javier. Encantoume entrevistarte. Dentro de pouquiño terás a túa entrevista no blog da biblioteca. Felicidades!  


domingo, 2 de novembro de 2014

Samain

Samain chegou ao cole!!

Un ano máis celebramos a festa con receitas, tan terroríficas como divertidas.
E como estaba o cole? Decoradísimo. Preciosas as portas. Non hai unha igual. Encántannos!
E ademais, este ano, atrevemos a pasar polas clases a pedir "truco ou trato".
Despois da merenda, algúns aproveitaron para ler os libros de medo que conseguimos polo Día das Bibliotecas.
Mirade, mirade as fotos!

   











    



 


 

 

 


sábado, 1 de novembro de 2014

Concurso

O Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra convoca un concurso de redacción para alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e para todo o alumnado de ESO.
A data límite de entrega será o 1 de decembro de 2014. E entre os premios, figuran unha biblicleta e unha tablet.
Abaixo podedes ler as bases do concurso.

Concurso

A FIES e a Fundacíón Orange, publican un ano máis, as bases do 34º concurso "¿Qué es un rey para ti?"
Para alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O prazo remata o día 15 de xaneiro de 2015. Haberá un gañador por cada Comunidade Autónoma. O premio é unha visita ao Palacio Real de Madrid e unha audiencia coa S. M. Don Felipe.
Aquí podedes ler as bases do concurso. Participade!!

Obradoiros en familia

O Pazo de Cultura de Pontevedra levará a cabo durante todo o curso, un obradoiro de arte e cultura. Será impartido por Itziar Mezquieta. Pinchando na imaxe, poderedes atopar toda a información.

 Aquí