xoves, 24 de abril de 2014

Lector do mes: Gimena Ruano

Gimena volve ser lectora do mes!! No mes de marzo, Gimena foi a alumna que máis libros leu. Estamos encantados con ela! Imos ver que nos conta:

LEO: Ola! Como te chamas e cantos anos tes?
GIMENA: Gimena. Cinco. 
LEO: En que curso estás, Gimena?
GIMENA: En infantil.   
LEO: Cales son os teus libros favoritos?
GIMENA: Os libros de inglés.  
LEO: Os de inglés? Que guai. E por que che gustan os de inglés?
GIMENA: Porque vai vir miña curmá a este cole. 
LEO: Claro! E lle queres ensinar inglés, verdade?
GIMENA: Sí.  
LEO: O curso pasado falabas do libro de Aladino, dicías que che gustaba moito. Segue sendo así? 
GIMENA: Sí. ("Aladino". A Rula Edicións, 1996). 
LEO: Moi ben, Gimena. E cóntame, que libro estás lendo?
GIMENA: Un libro de pensar.   
LEO: E como é un libro de pensar? Estou intrigada. 
GIMENA: Porque non ten letras.
LEO: Ah! Creo que xa sei cal é o libro. Aparece algunha galiña nese libro?
GIMENA: Sí. 
LEO: E recordas que pasa coa galiña?
GIMENA: Que o raposo rouba a galiña para xogar con ela. 
LEO: Moi ben Gimena. Tamén sei que liches o novo libro de Peppa Pig ("¡Qué sorpresa!". Editorial Beascoa, 2012). Constasme de que ía?
GIMENA: Do cumpreanos de Peppa. Regaláronlle unha tele a un oso. 
LEO: Moi divertido. E xa empezaches a ler algún libro de maiores?
GIMENA: Sí. O do monstros. 
LEO: Cal é? Ensínasmo?
GIMENA: Sí. ("Relatos de monstruos" de Steven Zorn. Editorial Vicens Vives, 2012). 
LEO: E como colleches este libro?
GIMENA: Ía na mochila viaxeira. 
LEO:  Moi ben. E cando les todos estes libros?
GIMENA: Pola noite e pola mañá. 
LEO: Pola mañá? Mentres almorzas?
GIMENA: Sí. 
LEO: E non che cae o leite pola mesa? Se estás mirando para o libro...
GIMENA: Non, axúdame mami. 
LEO: Que sorte! Tes unha mami xenial. Moitas gracias, Gimena. Ímoslle dar a túa entrevista a Leo para que a lea a poña no blogue da biblio. Deixaslla ti no caixón?
GIMENA: Sí. 



mércores, 23 de abril de 2014

Día do Libro

Un ano máis o apadriñamento lector foi a actividade elixida para celebrar o Día do Libro. É unha lástima que todo estivera mollado e non puidesemos estar fóra, desfrutando da lectura e da natureza ao mesmo tempo.
Logo de ler o libro, fixemos o debuxo que máis nos gustou do libro e, para rematar, intercambiamos uns marcapáxinas chulísimos, que fixemos coa profe de plástica. Un día xenial!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

  



 

O libro esculpe lectores

Deixamos un enlace para a presentación que elaboraron os compañeiros da Escola Infantil de Barrionovo, para o Día do Libro. Unha preciosidade e moito traballo. Noraboa!

Concurso Día do Libro

EN ABRIL, LECTURAS MIL!
Este mes celebrase o mes dos libros. Pero, que pasa o 23 de abril? Consegue a mellor resposta e obterás 10 Espedregadís!!
Deixa a túa resposta na bandexa da biblioteca. Tes de prazo ata o día 9 de abril.

E xa temos gañadores: Pablo Quiñones e Naim Sequera!!
Como nos resultou tremendamente difícil escoller unha soa resposta, decidimos que serían dous os gañadores, un de primaria e outro de infantil.
Moitas felicidades aos dous. Acabades de obter 10 Espedregadís!

Tamén obtiveron 5 Espedregadís todos os participantes no concurso:
Artai e Álex de 4º de Educación Infantil,
Pablo, Celeste, Lola e Gimena, de 6º de Infantil,
Uxío, Ángel, e Jose de 1º de Primaria,
Desirée e Sergio Montes de 3º de Primaria
e Claudia de 4º de Primaria.

Rematamos o concurso cunha frase que, Claudia, citou na súa resposta e que nos parece moi acertada:

"LER OU NON LER, QUE ESCOLLES TI?"



venres, 18 de abril de 2014

Beneficios da lectura

Deixamos un artigo da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria, onde destacan a importancia da lectura na idade infantil para mellorar a aprendizaxe dos nenos. E recordamos unha vez máis, que estades todos invitados á biblioteca as tardes dos luns e xoves de 16.00 a 17.00 horas.
Estamos esperando por vos!

martes, 15 de abril de 2014

Encontros do Plambe

O pasado día 28, as bibliotecas intrgradas no PLAMBE (Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares), reunimonos en Santiago, unha vez máis. Alí compartimos ideas, mostramos inquedanzas, escoitamos aos expertos, etc.
Aquí tedes un enlace aos vídeos das exposicións.