luns, 16 de decembro de 2013

Gala xoguetes solidarios

Este próximo 20 de decembro, celébrase a VI edición da gala de xoguetes solidarios. Terá lugar no Auditorio Fundación Novacaixagalicia ás 18.30 horas. 
Presentada por David Álvarez García, contará coas actuacións de: Escola de Danza Deborah, Teatro Baobab, Xuntos Asociación Síndrome de Down e o mago Javier Muro. 
Organiza: Empresarios de Pontevedra en favor da Fundación Meniños
Entrada: de balde, aportando un xoguete ata completar aforo. 

domingo, 15 de decembro de 2013

Lector de novembro: Lola Calvo da Silva

Por primeira vez, temos unha alumna que repite como lectora do mes: Lola!

LEO: Felicidades Lola. Repites como lectora do mes! Como te sentes?
LOLA: Ben. 
LEO: E sabes por que volves a ser lectora do mes?
LOLA: Porque lin moitos libres. 
LEO: Cando les ti eses libros que levas da biblioteca?
LOLA: Pola noite. 
LEO: E les ti soa?
LOLA: Leme mamá
LEO: E mami vén contigo á biblioteca a coller libros?
LOLA: Mami vén os xoves comigo. Os luns vai soa. 
LEO: Dúas veces por semana. Iso está xenial. E sempre levades libros para ti ou tamén leva para ela?
LOLA: Soamente para min. 
LEO: E para Carlota non leva ningún?
LOLA: Non, porque a ela llos merca a avoa pero ás veces, leolle eu algún. 
LEO:  E de todos eses libros dos que me falas, cal é o que máis che gusta?
LOLA: O de Princesas ("Sueños de princesas" (autores varios). Editorial Publications Internacional Iberia, 2010). 
LEO: Vés moito á biblioteca?
LOLA: Sí, moito. 
LEO: E que fas cando vés? 
LOLA: Collo libros se me parecen "ben" e os levo para casa e, senón, non os levo. 
LEO: E fas algo máis aquí?
LOLA: Xogo cos ordenadores e tamén miro as revistas de animais e as de debuxos. 
LEO: Carambas! Un montón de cousas. Pois en pouquiños días, xa terás a túa entrevista. Así a poderás ler con mami en casa.  
LOLA: Vale. 


martes, 10 de decembro de 2013

Novidades 1º trimestre

Estas son as algunhas das novidades que temos dispoñibles na biblioteca neste primeiro trimestre. Están esperando por ti!!

- Colección "Scooby Doo" en DVD.
- Colección "La vuelta al mundo" de Willy Fog en DVD.
- Últimos números de "Cantajuegos" en DVD.
- CD "La música es mi mundo" de Violetta.
- Colección "Super gol" de Luigi Garlando.




                      






domingo, 8 de decembro de 2013

Para as vacacións de Nadal

Ademais de descansar, ver a tele, xogar cos amigos, que podes facer estas vacacións de Nadal?
Pois, desde a biblioteca do cole, animámoste a que vaias ver o novo espectáculo dos Bolechas. Deixámosvos toda a información aquí e non esquezades comentarnos se vos gustou.

"Ola de novo amigas e amigos!
Queremos informarvos da nova xira de Nadal que nos levará por toda Galicia desde o 22 de dedembro ata o 8 de xaneiro. Trátase do espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina, un musical onde Os Bolechas queren participar nun famoso festival da canción mais, ao ser nenos, non poden. Pero eles non van achantar e acabarán por cantar as súas cancións, aínda que sexa argallando unha das súas...
O espectáculo estará o día 22 de decembro en Vilagarcía e pasará por Pontevedra (23 de decembro), Vigo (día 26), Burela (27), Santiago (30), Cangas (2 de xaneiro), Ourense (3 de xaneiro), Narón (día 4), Lugo (6), A Coruña (7) e Vilalba (8 de xaneiro).
As entradas xa están á venda en www.servinova.com e ata o 9 de decembro teñen prezo rebaixado a 10 euros. Despois custarán 12 euros.
Ademais, coa entrada poderedes obter importantes descontos nos produtos dos Bolechas que se venderán nun posto instalado o día da función en cada un dos teatros e auditorios.
Unha ocasión única para gozar de todo o Universo Bolechas este Nadal.
Saúdos,
Os Bolechas". 

mércores, 4 de decembro de 2013

Vota o noso muiño de auga!!!

O muiño de auga do CEIP Espedregada xa está rematado!!
Participamos nun concurso de arte e reciclaxe e necesitamos 50 votos para pasar á final.
Pinchando neste enlace, tedes un acceso directo ás fotos da nosa obra.
Hai que darlle ao cadro amarelo que pon VOTAR e introducir o noso correo electrónico. Despois, hai que validar o correo (cada correo só poderá votar unha vez: un correo, un voto).
Non esquezades validar, senón, o voso voto non conta.
Precisamos a vosa axuda. Gracias a todos.