mércores, 29 de maio de 2013

Campus Inglés


Campus de Inglés

O Concello de Allariz propón un campamento de inglés con diversas actividades, do 5 ao 14 de agosto, para nenos de 8 a 16 anos.
A data límite de inscrición é o 5 de xullo. No seguinte ENLACE podedes atopar máis información.

sábado, 25 de maio de 2013

Novidades maio

Xa está nas nosas mans a PRIMEIRA ENCICLOPEDIA DOS BOLECHAS!!
Nela trátanse temas diversos da vida diaria como a hixiene, as horas, os oficios ou os transportes. Son 12 libros que inclúen pictogramas de fácil lectura para facilitar unha rápida comprensión do texto. Algúns deles xa están empréstados. E ti, a que esperas?

venres, 24 de maio de 2013

Feira do libro novo


Mañá domingo, rematará a feira do libro, instalada na Praza da Ferrería de Pontevedra.
Neste enlace podedes atopar toda a información.
Non dubidedes en dar unha volta por alí!



domingo, 12 de maio de 2013

Actividades programadas do Museo

O Museo de Pontevedra ten programadas unha serie de actividades de grande interese, co gallo da celebración de dúas datas importantes:

- VENRES 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Ás 12.00 horas, terá lugar unha obra de teatro, a cargo do grupo Migallas, titulada "Camiño de historias". Podedes ver a ficha técnica pinchando aquí.

- SÁBADO 18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Este ano ten como lema "Museos (memoria + creatividade) = progreso social". As actividades programadas prolongaranse ata a medianoite. Son estas:
- "Un paseo pola arte galega desde o s.XIV a Castelao". Require inscrición previa.
- Obradoiro infantil de expresión artística. Para nenos de 4 a 12 anos.
- "O segredo de Dinís". Visita dinamizada ás instalacións.
- "O xogo dos seis". Xogo de mesa en tamaño xigante.
Atoparedes toda a información no seguinte enlace: Museo de Pontevedra


Novidades abril

Estas son as novidades que incorporamos á biblioteca en abril. Este mes apostamos polo teatro.
Algunhas destas obras xa están emprestadas!!
- "Cardito Caracol" de Inmaculada Díaz.
- "Ojos de botella de anís" de José Cañas
- "El parque enfermo" de Damián Cañas.
- "El profesor desinflado" de Fernando Almena.
- "Quico, el niño que quiso ser cómico" de Miguel Medina Vicario.
- "Pluft, el fantasmita" de María Clara Machado.
Todos os libros son da Editorial Everest.

venres, 10 de maio de 2013

Día do cómic gratis

Mañá, sábado 11 de maio, DÍA DO CÓMIC GRATIS. 
Que significa isto?
Consiste en regalar un cómic a calquera persoa que ese día entre nunha das tendas participantes. Para iso, cada tenda terá unha serie de cómics editados para a ocasión polas editoriais participantes, de entre os cales, poderá elixirse libremente.
E por que un 11 de maio?
O día elixido para o evento é o segundo sábado de maio, unha semana despois do Free Comic Book Day americano. E xa van catro anos!
Cales son as tendas máis cercanas a nós?
Pontevedra: Librería Paz (Rúa Peregrina, 29. Teléfono 986 86 04 71).
Vigo: Norma Comics Vigo (Rúa de Don Bosco, 22. Teléfono: 986 22 51 65).
Pichando na imaxe atoparedes máis información. 


xoves, 9 de maio de 2013

Oferta Editorial A Nosa Terra

O comercial do Consorcio Editorial Galego infórmannos de que a Editorial A Nosa Terra está en liquidación de todas as súas existencias. 
Pódense atopar libros desde 1 €. 
Se estades interesados, podedes falar tanto coa ANPA como cos responsables da biblioteca. Ambos dispoñen dun listado para consultar os libros en liquidación. 
Para máis información, preguntade na biblioteca. 

mércores, 8 de maio de 2013

Lector do mes: Gimena Ruano


Xa temos lectora do mes de abril: Gimena Ruano Rosales. Que traballo a entrevista deste mes, estou esgotada!! Gimena é unha nena moi tímida e pensaba moito as respostas da entrevista. Pero sabedes unha cousa? Sei que lle vai facer moita ilusión ver a súa foto no blogue, escóitello a súa mami un día que visitou a biblio para coller uns libros. Quería ser a lectora do mes!!


LEO: Olaaa señorita! Como te chamas?
GIMENA: Gimena. 
LEO: Cantos anos tes Gimena?
GIMENA: Catro.  
LEO: E sabes en que curso estás?
GIMENA: En infantil. 
LEO: E a túa profe como se chama?
GIMENA: Ana. 
LEO: Cales son os libros que máis che gustan Gimena?
GIMENA: Non sei...
LEO: Mmm...non tes libros preferidos? Algún de princesas, de piratas, de animais, de cores...?
GIMENA: De polis. 
LEO: De polis? De polis dos Bolechas?
GIMENA: Sí ("Os Bolechas queren saber...como é a policía local" de Pepe Carreiro. Editorial A Nosa Terra, 2003). 
LEO: E de todos os libros que hai na biblio, cal é o teu preferido?
GIMENA: Non sei...
LEO: Apeteceche ir buscalo e así o miramos para dicirlle a Leo?
GIMENA: Sí ("Aladino". A Rula Edicións, 1996).  
LEO: E agora, estás lendo algún libro?
GIMENA: ...(afirmando coa cabeza). 
LEO: Vale. E de que é o libro? Fala dun león...de bicis...dunha mami...de piratas con pata de palo?
GIMENA: Sí, dunha mami ("Te quiero" de Elen Lescoat. Ediciones Jaguar, 2010)
LEO: Gústache ler Gimena?
GIMENA: Sí. 
LEO: Moito, moito ou pouquiño?
GIMENA: Moito. 
LEO: Ti con quen les?
GIMENA: Con mami. 
LEO: E cando ledes? Pola noite, pola mañá?
GIMENA: Pola noite. 
LEO: Pola noite...mmm...así podes ter soños moi bonitos. Ler axuda a soñar, a que sí?
GIMENA: Sí. 
LEO: Unha última cousa Gimena, deixamos aquí a entrevista máis a cámara para que Leo a recolla e coloque a túa foto no blogue. Axúdasme?
GIMENA: Vale. 
LEO: Moitas grazas. Chao!!



domingo, 5 de maio de 2013

Bibliotecas do mundo

Neste enlace podedes botar unha ollada ás bibliotecas máis divertidas do mundo. Son quince fotos fantásticas e preciosas, eu non sabería decidirme por unha. Podedes botarme unha man a decidirme? Cal é a vosa preferida? Animádevos!
Ver fotos

venres, 3 de maio de 2013

Encontros Plambe 2012/2013

Os días 7 e 8 de marzo celebráronse en Santiago de Compostela os encontros anuais das Bibliotecas Escolares, integradas no Plambe (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Xa están colgados na rede un resumo das xornadas. No seguinte enlace poderedes ver os vídeos.