venres, 26 de abril de 2013

4ª pregunta "Para saber máis"

Sabes que é? A que árbore pertence? 
BUSCA INFORMACIÓN NA BIBLIOTECA, PREGUNTA NA CASA, AOS TEUS COMPAÑEIROS. 
PISTA: RODEAN AO COLEXIO. 
ATENCIÓN!!! SABES SE TEÑEN ALGUNHA UTILIDADE MEDICIÑAL? 






Foron varios os compañeiros que responderon:
5º de E. Infantil: Inés, Manuela, Lola, Hugo, Fátima, Sergio, Celeste, Pablo e Lucía. 
6º de E. Primaria: Maika, Noelia, Martín, Roberto, Manuel, Mónica, Alberto, Ana, Álvaro, Alba, Gabriela, Jorge, Sabela e María Victoria.  

E, entre todas as respostas, eliximos esta:
Noelia: "É unha folla da árbore que se chama eucalipto. Sí, ten utilidades medicinais polas súas follas secas e, o seu aceite, utilízase para facer menciñas. A pesar que o eucalipto utilízase en forma de menciña, para tratar diversos problemas, ata o momento, no hai suficiente evidencia científica que permita avaliar a súa eficacia para o tratamento de calquera deles". 


Podedes xa participar na quinta pregunta. Lembrade que, na porta de entrada, podedes ver as vosas puntuacións.


Lecturas polo Día do Libro


 

E así celebramos nós o Día do Libro: os maiores do cole escolleron un libro para lerlle aos seus afillados. Ao terminar a lectura, fixeron un debuxo do libro. Como remate, afillados e padriños intercambiáronse marcapáxinas. Aquí tedes todas as fotos.








xoves, 25 de abril de 2013

Don Xaime Illa Couto

Hoxe, fai un ano que morreu Xaime Illa, un dos máis queridos veciños de Raxó. E, hoxe precisamente, entregamos os contos e os poemas para participar no concurso que leva o seu nome. A ver se hai sorte!
Pinchando aquí saberedes máis sobre este veciño de Poio.


Campamentos de verán en inglés

 English Estudio ofrece un campamento de inglés durante o mes de xullo (quincenal ou mensual). Terá lugar no Mosteiro de Poio en horario de mañá (de 9,45 a 13.30 horas), para nenos e nenas de 4 a 14 anos. Existen descontos para máis de un irmán.
Pinchando na imaxe teredes a información completa. Tamén no teléfono: 986 860 586

martes, 23 de abril de 2013

Feliz Día do Libro!!

Hoxe, celebrase en todo o mundo o día do libro. Pero por que un 23 de abril? Esta data foi elixida pola UNESCO porque coincidía coa morte de dous xenios da literatura: Miguel de Cervantes e Shakespeare: 23 de abril de 1616. Aínda que isto non é totalmente certo. A data da morte de Shakespeare corresponde ao calendario xuliano, que no calendario gregoriano equivale ao 3 de maio. e Cervantes, pola súa parte, morreu un 22 de abril sendo enterrado un día despois. Tamén morreu un 23 de abril, pero do ano 1536, o poeta Garcilaso de la Vega. 
A orixe desta celebración atópase en Cataluña, onde é tradición regalar unha rosa e un libro este día, coincidindo con Sant Jordi. 








A Asociación Galega de Editores (AGE) realiza un chamamento social a favor do libro e a lectura coa fin de que se recoñeza, social e politicamente, o papel trascendental que o libro e a lectura teñen no desenvolvemento das persoas e dos países. Para iso, fan uso deste cartaz de David Pintor, diseñado especialmente para hoxe. 

luns, 22 de abril de 2013

3º pregunta "Para saber máis"

Cun pouco de retraso, aquí tedes as respostas á pregunta número 3, de todos os que participaron.
Busca información na biblioteca, pregunta na casa, aos teus compañeiros....Sabes que é?




Lembrade que, os que acompañaran a resposta cunha receita, tiñan dobre puntuación.




Foron varios os alumnos que responderon:
5º de E. Infantil: Lola, Manuela, Fátima, Pablo, Sergio, Inés, Lucía, Naim, Celeste, Gimena, Azahara e Hugo.
1º de E. Primaria: Noa. 

E, entre todas as respostas, con tantas receitas, foinos complicadísimo decidir unha soa. Aquí tedes:
Lola: "É unha seta. Son velenosas algunhas, outras non. Receita: 
Ingredientes: 1 kg, de setas, 3 dentes de allo, 1 ramiña de perexil, 4 culleradas de aceite de oliva.
Preparación: lavar as setas e cortalas, picar o allo e o perexil, rehogar o allo e botar as setas. Poñer a lume suave e remover. Cando estean feitas, botar sal e pementa, engadir o perexil, darlle unhas voltas máis e servir".

Inés: "É unha seta. Pódese comer. Algunhas son velenosas. Receita: 
Ingredientes: cebola, allos, xamón en tacos, limón, champiñóns, aceite, perexil, sal. 
Preparación: poñemos unha sartén cun pouco de aceite ao lume. Botamos os allos laminados, despois a cebola, ata que estean algo feitos. Botamos os champiñóns e os deixamos ata que perdan a auga, uns 10  minutos. Engadimos o xamón serrano, un pouco de zume de limón e perexil. Botamos sal ao gusto". 

Gimena: "É unha seta. Unhas se comen. Outras son velenosas. Nace na terra. Receita: Chamiñóns recheos. 
Preparación: Rehogamos panceta, puerro, allo e pemento vermello. Enchemos as cabezas dos champiñóns con esta mezcla e lle poñemos queixo enriba, Metemos no forno". 

Podedes xa participar na cuarta pregunta. Lembrade que, na porta de entrada, podedes ver as vosas puntuacións.


domingo, 21 de abril de 2013

Outlet do Libro Galego

Un ano máis, o Café Moderno de Pontevedra, acolle un outlet de libros en galego para celebrar o Día do Libro (23 de abril). Esta iniciativa da Asociación Galega de Editores (AGE) estará aberta ata próximo domingo día 28. Non deixedes pasar esta oportunidade. Hai títulos fantásticos.
Máis información no facebook: Outlet do Libro Galego


sábado, 13 de abril de 2013

José Luis Sampedro

Este luns, morreu aos 96 anos, o escritor catalán José Luis Sampedro. Fai dous anos, no 2011, recibira o PREMIO NACIONAL DAS LETRAS. 
As súas obras son de temática moi variada. Entre elas, podemos citar as seguintes: Los mongoles en Bagdad e EL mercado y nosotros (economía), La sonrisa etrusca e La vieja sirena (novelas), Mar al fondo e Mientras la tierra gira (contos) e Escribir es vivir (autobiografía). 
Nos últimos anos, fixérase se cabe aínda máis famoso, por redactar o prologo do libro ¡Indignaos!, de Sthèpane Hessel (falecido en París o pasado mes de febreiro). Ambos escritores, proclamaron ata o final dos seus días, a necesidade dun mundo máis xusto.  
Mañá domingo, Jordi Évole, no programa Salvados, fai a súa particular homenaxe a Sampedro, emitindo de novo a entrevista que xa lle fixera en xaneiro de 2012, reeditada e actualizada con contidos ata agora, inéditos. 


xoves, 4 de abril de 2013

Lectora do mes: Lola Calvo

Xa temos lectora do mes de marzo: Lola Calvo da Silva. Sí, xa sei que estamos en abril pero é que Lola estivo uns días enferma e, por iso, tiven que esperar ata a volta das vacacións de Semana Santa para poder facerlle a entrevista. Pero aquí está por fin, non perdades detalle!

LEO: Olaaa Lectora do mes! Como te chamas?
LOLA: Lola. 
LEO: E cantos anos tes querida Lola?
LOLA: Catro. Catro e medio. 
LEO: En que curso estás?
LOLA: En infantil. 
LEO: E a túa profe como se chama?
LOLA: Ana. 
LEO: Cales son os libros que máis che gustan Lola?
LOLA: Os de pingüíns. 
LEO: Os de pingüíns, de verdade? Mmmm... Pois penso que vas ter unha sorpresa cando chegues a casa hoxe... Sabes que mami estivo hoxe por aquí?
LOLA: Non. 
LEO: E de todos os libros que hai na biblio, cal é o teu preferido?
LOLA: O da toupiña ("A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de Werner Holzwarth. Editorial Kalandraka, 2007). 
LEO: E agora, estás lendo algún libro?
LOLA: ... De unha xoaniña. 
LEO: Dunha xoaniña? E como é iso? Cóntame máis, por favor. 
LOLA: Dunha xoaniña que quería facer un agasallo ao seu amigo ("El regalo de la mariquita" de Autores Varios. Ediciones Saldaña, 2008). 
LEO: Que cousas fas cando estás na biblio Lola? 
LOLA: Coller libros, tamén os vexo. 
LEO: Gústache ler?
LOLA: Moito. Sí. 
LEO: E dime unha cousa Lola, ti pensas que ler moito é bo ou malo?
LOLA: Bo. 
LEO: Bo, por que?
LOLA: Non sei. Porque así aprendo a ler.  
LEO: Pois claro que sí, Lola. Moitas grazas e moitas felicidades. Dentro de pouquiño tempo, verás a túa entrevista colgada no taboleiro de novidades e tamén na web da biblio. Chao!!
LOLA: Vale.