mércores, 20 de marzo de 2013

Novidades marzo

Aquí tedes algún dos últimos libros mercados para a biblio. Desexamos que vos gusten. Algúns deles xa están emprestados!
- Te quiero e Mamá maravilla de Elen Lescoat. Ediciones Jaguar.
- Te amo de Laura Rapelli. Ediciones Jaguar.
- Besos besos de Selma Mandine. Ediciones Jaguar.
- O homiño de papel de Fernando Alonso. Editorial Everest (Premio Nacional de Literatura, 1979).
- Los monstruos no existen de Kerstin Schoene. Ediciones Jaguar.

mércores, 13 de marzo de 2013

Semana da prensa

Esta semana, do 11 ao 15 de marzo, celebramos a Semana da Prensa no centro. Aprendemos as distintas partes dunha noticia, coñecemos as distintas seccións dun xornal e analizamos os contidos dos distintos diarios.
Este ano, eliximos os seguintes xornais: La voz de Galicia, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Expansión, Marca, Sport, El Mundo e El Correo Gallego. Así como outros xornais dixitais, como De luns a vernes. 


xoves, 7 de marzo de 2013

Talleres de maxia Abracadabra

A Concellería de Cultura de Poio presenta unha nova actividade dentro do programa anual de Dinamización da Biblioteca Pública Municipal. 
Tratase dun taller de maxia para nenos e nenas maiores de seis anos. Poderán coñecer, entre outros, os trucos da maxia. 
Levarase a cabo, na Biblioteca Municipal, o martes día 12 e o mércores 13 ás 17.30 horasNon precisa inscrición previa e a participación é totalmente gratuíta. 

mércores, 6 de marzo de 2013

Salón do Libro


Pinchando na imaxe, poderedes ver o programa completo de actividades. 




















Xa está en marcha a XIV Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Este ano leva por título A TODA MÁQUINA!
As exposicións e instalacións permanecerán abertas, ao público en xeral, ata o 23 de marzo, co seguinte horario: de lunes a venres de 17.00 a 20.30 horas; sábados e domingos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

venres, 1 de marzo de 2013

Lectora do mes: Fátima Barciela


Fátima González é a nosa lectora do mes de febreiro!!

Un de cada tres libros emprestados na biblioteca este mes, foi collido por Fátima ou pola súa mami. Desde aquí, queremos felicitalas e animalas a seguir lendo moito. 
A nosa protagonista está en 5º de Educación Infantil e aquí tedes a súa entrevista: 

LEO: Olaaa!! Como te chamas?
FÁTIMA: Fátima Moreira Barciela.
LEO: E cantos anos tes Fátima?
FÁTIMA: Catro. 
LEO: En que curso estás?
FÁTIMA: En el de Infantil. 
LEO: E como se chama a túa profe?
FÁTIMA: Ana.
LEO: Cales son os libros que máis che gustan Fátima?
FÁTIMA: Os libros máxicos e os de terror. 
LEO: Os libros máxicos! mmm... e cales son eses libros máxicos?
FÁTIMA: Os que trae a profe. 
LEO: E de todos os libros que hai na biblio, cal é o teu preferido?
FÁTIMA: O de Spiderman. Estaba o outro día enriba da mesa que eu o vín. 
LEO: Que libro estás lendo agora?
FÁTIMA: "Posno me acuerdo. Algo de Xan...("Os oficios de Xan" de Antonio Rubio. Editorial Kalandraka)
LEO: Que cousas fas na  biblio?
FÁTIMA: Buscar contos que me gustan na estantaría vermella, ler,...
LEO: Gústache ler Fátima?
FÁTIMA: Sí.
LEO: É bo ou malo ler moito?
FÁTIMA: Aprendes moitas cousas... ben.
LEO: Moitas grazas Fátima e moitas felicidades. Pronto verás a túa entrevista colgada no taboleiro de novidades e tamén na web da biblio. Chao!!
FÁTIMA: Chao.