martes, 18 de xuño de 2013

Cuarta gran liberación de libros mundial!

El club de los libros perdidos envíanos esta proposta, que nos parece moi interesante:

"PRÓXIMA CITA PARA LIBERAR O "SEMBRAR" LIBROS

La idea es "liberar" (dejar) un libro en un espacio público (farmacia, automercado, bar, transporte público, cine, museo, etc...). Pueden participar de la propuesta todos aquellos que lo deseen liberando un libro este 21 de junio de 2013 en el lugar donde vivan o se encuentren en ese momento.

Para participar, dejá un libro en un espacio público con una dedicatoria en una de sus páginas que indique:

- Que el libro forma parte de "El Club de los Libros Perdidos".

- Que es de quien lo encuentre pero que al finalizar su lectura deberá ser liberado, para que pueda ser disfrutado por otras personas nuevamente.

- El día y el lugar en dónde fue perdido, así en cada liberación sera posible saber por dónde ha viajado.

¡Muchas gracias por participar de esta gran cruzada y compartir la iniciativa con tus amigos!

¿Qué les parece? Y así lo haremos al inicio de cada estación, pues es sabido que hay libros de primavera, de verano, de otoño e invierno...y bueno sería que en cada estación se sembraran en nuevas manos y corazones, ¡y así seguirían siempre vivos!". 


luns, 17 de xuño de 2013

Premio Mingote

Pinto e Chinto acaban de acadar o Premio Mingote por unha das súas viñetas publicadas en La Voz de Galicia, acerca da crise.
Este premio, concedido polo diario ABC ao humorismo gráfico, lémbranos esa maneira de facer xornalismo de opinión a través da combinación de debuxo e texto e baixo a óptica do humor.
Pero, Pinto e Chinto ademais de ser unha parella de debuxante e escritor, tamén teñen achegado á literatura infantil obras de moita interese como Minimaladas e Novas minimaladas, Contos para nenos que dormen deseguida, Nicomedes o pelón, O oficios de Chuquelo, Circo Rigatoni, A maceira que daba calquera cousa menos mazás, As estrambóticas viaxes de Gulliver, Suca, Historia de Román o bombeiro, ...
Pinchando aquí, podedes ver a nova en La Voz de Galicia, na súa edición dixital.
Moitas felicidades desde Raxó!!

Viñeta de Pinto e Chinto, 17.06.13


domingo, 16 de xuño de 2013

Ludoteca na rúa

O Concello de Sanxenxo ofrece unha ludoteca para este verán, para nenos de 3 a 12 anos. Nela haberá xogos, teatro, obradoiros e excursións.
O horario é de 9.00 a 14.30 horas de luns a xoves e, o venres, de 9.00 a 12.00 horas. A inscrición farase no Pazo Emilia Pardo Bazán. O prezo é de 15 euros.
No cartaz podedes ver as datas e lugares de realización.
Máis información no 986 727936.

venres, 14 de xuño de 2013

5ª pregunta "Para saber máis"

Sabes que é? 

BUSCA INFORMACIÓN NA BIBLIOTECA, PREGUNTA NA CASA, AOS TEUS COMPAÑEIROS.
PISTA: DESDE O PATIO DO COLEXIO, PODES VER ONDE SE CRÍAN.
ATENCIÓN!!! AS RECEITAS TERÁN PREMIO.



Nesta penúltima pregunta responderon os seguintes alumnos: 
5º de E. Infantil: Celeste, Manuela, Azahara, Lucía, Sergio, Gimena, Pablo, Hugo, Fátima, Inés, Naim e Lola. Todos levaban unha receita para acompañar. 
1º de E. Primaria: Daniel, Silvia, Javier, Halan, Elías e Noa. Todos coa súa receita. 
5º de E. Primaria: Josué. 
6º de E. Primaria: Álvaro, Alba, Maika, Mónica, Manuel, Gonzalo, Roberto, Sabela, Alberto, Noelia, Mª Victoria, Jorge, Gabriela e Martín. Joaquín e Ana, ademais, incluíron unha receita. 

E, entre todas as respostas, eliximos esta:
Daniel: "Son mexillóns tigre. 
Ingredientes: mexillóns, cebola, salsa de tomate, tabasco, auga, sal. 
Elaboración: Poñer aceite nunha tixola. Rustrir a cebola picada ben miudiña. Engadir a salsa de tomate, o tabasco, o sal e a auga. Abrir os mexillóns coa salsa picante por riba, quentes ou fríos". 

Na entrada, xa tedes a última pregunta deste curso. Rápido, soamente quedan dous días para responder. 

xoves, 13 de xuño de 2013

Ese lugar chamado biblioteca...

Aquí tedes un artigo do xornal El País onde se reflicte a situación actual das bibliotecas nacionais (en Galiza, de cara o curso que vén, redúcese nun 60% a subvención). Pero, ao mesmo tempo, detéctase un raio de esperanza porque, as bibliotecas, seguen a traballar co mesmo esforzo e ilusión ca nos anos anteriores.
E unha vez máis, Finlandia, destaca por encima do resto de países. Un exemplo a seguir en materia educativa e cultural!


Outro premio para Kalandraka!!

A editorial pontevedresa acaba de obter o terceiro premio os libros mellor editados na categoría de "Obras Generales y de Divulgación". Este, é o recoñecemento que o Ministerio de Educación e Cultura, lle outorgou en recoñecemento ao seu traballo coa obra Ocultos. Esta obra, conta con texto de Xulio Gutiérrez e ilustracións de Nicolás Fernández. Neste caso, é a única presenza galega nunha listaxe na que o xurado valorou un total de 196 obras en cinco categorías.
Lembremos que esta editorial xa conta co "Premio nacional a la mejor labor editorial cultural 2012".
Neste enlace tedes todos os premiados.

sábado, 1 de xuño de 2013

Lectores do mes: León Rossol e Desiree Cardoso

Emoción ata o final! Non podíamos rematar o curso de mellor xeito. Temos un empate este mes de maio. Os afortunados son Desiree Cardoso González de 2º e León Rossol Pacheco de 4º. Imos coas súas entrevistas!

LEO: Ola chicos! Como vos chamades?
LEÓN: León. 
DESIREE:  Desiree. 
LEO: Cantos anos tedes?
LEÓN: 9 anos.
DESIREE: 8 anos. 
LEO: E en que curso estades?
LEÓN: En 4º. 
DESIREE: En 2º.
LEO: Cales son os teus libros preferidos León?
LEÓN: Os cómics de Mortadelo e Filemón. 
LEO: Levas lidos un montón deles eh...
LEÓN: Sí, desde abril. 
LEO: E cal é o teu preferido de todos os de Mortadelo e Filemón?
LEÓN: O de Armas con bicho ("Armas con bicho" en Todo Mortadelo y Filemón de Francisco Ibáñez. Ediciones B).  
LEO: E ti Desi, cales son os teus preferidos?
DESIREE: Os de animais. Todos os que tratan de animais. 
LEO: E tes algún favorito?
DESIREE: Sí. O do coello ("El conejo". Colección Mira cómo crezco. Editorial Edebé). 
LEO: Gústavos ler?
LEÓN: Sí. Moito.  
DESIREE: Moito.
LEO: E dicídeme unha cousa, cando ledes?
LEÓN: Eu leo antes de ir a cama e despois de facer os deberes. Algunhas veces leo só, en baixiño e outras, leo con Santi (irmán).
DESIREE:  Eu leo despois de facer os deberes, algunhas veces, cando me apetece. 
LEO: E ti les con alguén, Desi?
DESIREE:  Sí. Ás veces, leo co meu irmán. 
LEO: Desi, dime un libro da biblio que lles recomendas aos teus compañeiros para ler.
DESIREE: O do hipopótamo ("El hipopótamo". Colección Mira cómo crezco. Editorial Edebé). 
LEO: León, ademais dos cómics de Mortadelo e Filemón, que outros libros che gustan da biblioteca de cole?
LEÓN: Pode ser unha revista?
LEO: Sí, claro. 
LEÓN: Pois a revista Boing gústame moito. 
LEO: E xa por último, ademais de coller libros para ler na casa, que outras cousas facedes na biblio?
LEÓN: Lemos contos e xogamos no ordenador. 
DESIREE:  Sí. Iso. 
LEO: Moitas grazas chicos. Dentro de moi pouquiño, xa poderedes ver a vosa entrevista no blogue. Espero que vos guste!!



Semana das Letras galegas

Estas son actividades que fixemos durante a Semana das Letras Galegas:
- O luns, aproveitando o bo día, narramos o conto viaxeiro, que fixeramos entre todas as aulas.
- O martes, visitounos o Mago Noel. Unha grande actuación.
- O mércores, recibimos a visita de dous avós, que nos contaron parte da súa infancia lúdica: que xoguetes había daquela, con que xogaban, como elaboran xoguetes, etc. Rematamos este semana facendo unha festa da primavera e probando as delicias que fixeron os máis cativos no seu obradoiro de cociña.