luns, 16 de decembro de 2013

Gala xoguetes solidarios

Este próximo 20 de decembro, celébrase a VI edición da gala de xoguetes solidarios. Terá lugar no Auditorio Fundación Novacaixagalicia ás 18.30 horas. 
Presentada por David Álvarez García, contará coas actuacións de: Escola de Danza Deborah, Teatro Baobab, Xuntos Asociación Síndrome de Down e o mago Javier Muro. 
Organiza: Empresarios de Pontevedra en favor da Fundación Meniños
Entrada: de balde, aportando un xoguete ata completar aforo. 

domingo, 15 de decembro de 2013

Lector de novembro: Lola Calvo da Silva

Por primeira vez, temos unha alumna que repite como lectora do mes: Lola!

LEO: Felicidades Lola. Repites como lectora do mes! Como te sentes?
LOLA: Ben. 
LEO: E sabes por que volves a ser lectora do mes?
LOLA: Porque lin moitos libres. 
LEO: Cando les ti eses libros que levas da biblioteca?
LOLA: Pola noite. 
LEO: E les ti soa?
LOLA: Leme mamá
LEO: E mami vén contigo á biblioteca a coller libros?
LOLA: Mami vén os xoves comigo. Os luns vai soa. 
LEO: Dúas veces por semana. Iso está xenial. E sempre levades libros para ti ou tamén leva para ela?
LOLA: Soamente para min. 
LEO: E para Carlota non leva ningún?
LOLA: Non, porque a ela llos merca a avoa pero ás veces, leolle eu algún. 
LEO:  E de todos eses libros dos que me falas, cal é o que máis che gusta?
LOLA: O de Princesas ("Sueños de princesas" (autores varios). Editorial Publications Internacional Iberia, 2010). 
LEO: Vés moito á biblioteca?
LOLA: Sí, moito. 
LEO: E que fas cando vés? 
LOLA: Collo libros se me parecen "ben" e os levo para casa e, senón, non os levo. 
LEO: E fas algo máis aquí?
LOLA: Xogo cos ordenadores e tamén miro as revistas de animais e as de debuxos. 
LEO: Carambas! Un montón de cousas. Pois en pouquiños días, xa terás a túa entrevista. Así a poderás ler con mami en casa.  
LOLA: Vale. 


martes, 10 de decembro de 2013

Novidades 1º trimestre

Estas son as algunhas das novidades que temos dispoñibles na biblioteca neste primeiro trimestre. Están esperando por ti!!

- Colección "Scooby Doo" en DVD.
- Colección "La vuelta al mundo" de Willy Fog en DVD.
- Últimos números de "Cantajuegos" en DVD.
- CD "La música es mi mundo" de Violetta.
- Colección "Super gol" de Luigi Garlando.




                      






domingo, 8 de decembro de 2013

Para as vacacións de Nadal

Ademais de descansar, ver a tele, xogar cos amigos, que podes facer estas vacacións de Nadal?
Pois, desde a biblioteca do cole, animámoste a que vaias ver o novo espectáculo dos Bolechas. Deixámosvos toda a información aquí e non esquezades comentarnos se vos gustou.

"Ola de novo amigas e amigos!
Queremos informarvos da nova xira de Nadal que nos levará por toda Galicia desde o 22 de dedembro ata o 8 de xaneiro. Trátase do espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina, un musical onde Os Bolechas queren participar nun famoso festival da canción mais, ao ser nenos, non poden. Pero eles non van achantar e acabarán por cantar as súas cancións, aínda que sexa argallando unha das súas...
O espectáculo estará o día 22 de decembro en Vilagarcía e pasará por Pontevedra (23 de decembro), Vigo (día 26), Burela (27), Santiago (30), Cangas (2 de xaneiro), Ourense (3 de xaneiro), Narón (día 4), Lugo (6), A Coruña (7) e Vilalba (8 de xaneiro).
As entradas xa están á venda en www.servinova.com e ata o 9 de decembro teñen prezo rebaixado a 10 euros. Despois custarán 12 euros.
Ademais, coa entrada poderedes obter importantes descontos nos produtos dos Bolechas que se venderán nun posto instalado o día da función en cada un dos teatros e auditorios.
Unha ocasión única para gozar de todo o Universo Bolechas este Nadal.
Saúdos,
Os Bolechas". 

mércores, 4 de decembro de 2013

Vota o noso muiño de auga!!!

O muiño de auga do CEIP Espedregada xa está rematado!!
Participamos nun concurso de arte e reciclaxe e necesitamos 50 votos para pasar á final.
Pinchando neste enlace, tedes un acceso directo ás fotos da nosa obra.
Hai que darlle ao cadro amarelo que pon VOTAR e introducir o noso correo electrónico. Despois, hai que validar o correo (cada correo só poderá votar unha vez: un correo, un voto).
Non esquezades validar, senón, o voso voto non conta.
Precisamos a vosa axuda. Gracias a todos.


venres, 29 de novembro de 2013

Editorial A Nosa Terra

De novo, o Consorcio Editorial Galego ponse en contacto con nós para informarnos da liquidación de existencias da Editorial A Nosa Terra. 
Pódense atopar libros desde 1 €. 
Se estades interesados, na biblioteca dispoñedes dun listado actualizado sobre os libros en liquidación.
Para calquera dúbida, preguntade na biblioteca os luns e xoves pola tarde (de 16.00 a 17.00 horas) e os martes de 9.00 a 9.30 horas. 


domingo, 24 de novembro de 2013

Magosto

Un ano máis, celebramos o Magosto no cole: primeiro participamos na carreira solidaria que todos os anos organiza Save the Children. Este curso, coa misión de recadar fondos para os nenos e nenas de Etiopía. E logo, repoñendo forzas comendo castañas. Unha vez máis, moitas gracias a todas a familias por implicarse e colaborar tan activamente nas actividades da escola.


 

 

xoves, 7 de novembro de 2013

Lector de outubro: José Rubén Burgos Almeida

Xa temos o primeiro lector deste curso: José Rubén Burgos Almeida de 6º curso. Corresponde ao mes de outubro. Moitas felicidades!

LEO: Ola ola! Como te chamas?
RUBÉN: Rubén. 
LEO: Cantos anos tes?
RUBÉN: 11 anos. Estou en 6º. 
LEOCales son os teus libros preferidos Rubén?
RUBÉN: Os de Cedric e algúns cómics de Mortadelo e Filemón ("Cedric" de Laudec & Cauvin. Editorial Salvat. Colección de cómics de Mortadelo y Filemón de Francisco Ibáñez. Ediciones B).
LEO: E cal é ese libro que liches moitas veces porque che encanta?
RUBÉN: O de Cedric 3. ("Cédric 3: Clases de esquí." de Laudec & Cauvin. Editorial Salvat).
LEO: E en que momento les?
RUBÉN: Pois, despois de facer os deberes ou pola noite. 
LEO: E tes máis libros en casa? De que son?
RUBÉN: Sí. Moitos son enciclopedias que non leo e algúns xa son vellos. Outros non. 
LEO: Entón, hai algún libro que che gustaría ter? Algún que non leras quizais?
RUBÉN: Os de Cédric 7 e 8. 
LEO: E les algo máis aparte dos libros, das revistas,...?
RUBÉN: Estou empezando a ler "Don Quijote de la Mancha para niños". 
LEO: uau! E que tal? Gústache? É un libro un pouco difícil...
RUBÉN: ....máis ou menos...
LEO: É un libro un pouco difícil...
RUBÉN: Xa lín o capítulo 1...
LEO: E fas algo máis aparte de ler? 
RUBÉN: Xogar ao fútbol e andar en bici. 
LEO: Que cousas fas cando acodes á biblioteca?
RUBÉN: Ás veces vou co ordenador e, outras, elixo un libro para levar para casa. 
LEO: Estamos acabando Rubén. Tes algunha pregunta que facer?
RUBÉN: Sí. Como adiviñades o número de contos que lemos?
LEO: Ahhh! Boa pregunta. Pois o facemos cun programa de ordenador que se llama Meiga. El vai rexistrando todos os contos que cada neno pide en empréstito. 
RUBÉN: Vale. 
LEO: Pois moi ben Rubén. Axiña poderás ler a túa entrevista na web da biblioteca. E sigue lendo moito!






luns, 4 de novembro de 2013

Samain

Este ano preparamos receitas monstruosas polo Samain. Podedes mirar que ben o pasamos comendo ratiños, pastel de cabaza, tumbas, basoiras de meigas, arañas, pantasmas, cabazas,.... nas seguintes fotos. Tamén hai algunha foto da exposición de cabazas que, cada ano, son máis orixinais e divertidas.
FELIZ SAMAIN! 







domingo, 27 de outubro de 2013

Día das Bibliotecas

Aínda que o día das bibliotecas foi o 24 de outubro, decidimos retrasar a súa celebración un día, xa que coincidía coa folga contra a LOMCE.
Este ano, decidimos facer publicidade a un dos nosos libros preferidos. Escollemos un libro e, nunha plantilla, anotamos o seu título, o motivo polo que estamos a facer isto e o cole no que se fixo. En grande, fixemos un debuxo da ilustración que máis nos gusta.
O venres, todos xuntos no ximnasio, escoitamos aos compañeiros que contaron os motivos que lle levaran a escoller ese libro, quen é o autor e de que vai o argumento.
Pola tarde, debíamos colgar os nosos preciosos "anuncios" polas rúas dos arredores do cole, para que todos puideran ver os resultados e animalos así, a ler.
 

 

 

xoves, 24 de outubro de 2013

Feliz día das bibliotecas!

Hoxe, 24 de outubro, celebrase o Día Internacional das Bibliotecas. E aquí tedes o mellor resumo posible para un día como hoxe:

domingo, 20 de outubro de 2013

Boletín informativo

Aquí tedes o boletín informativo da biblioteca.

xoves, 17 de outubro de 2013

Concurso de Tarxetas de Nadal 2013

Xa está en marcha o Concurso de tarxetas de Nadal 2013 do Concello de Poio. Poderán participar todos os nenos do concello menores de 18 anos.
Requisitos: 
- Presentar un único traballo por persoa.
- Orixinal e inédito.
- Estar escrito en galego.
- Tamaño: folio A4, dobrado á metade. Sen asinar.
- Datos persoais: deberán anotarse na cara posterior da postal (nome, apelidos, idade, dirección, teléfono, colexio e curso).
- Data límite: 15 de novembro.
- Lugares de entrega: CEIP Espedregada
Premios: 
Haberá un premio por cada unha das cinco parroquias do concello. Cada un dos gañadores recibirá 60 euros en material didáctico e un agasallo conmemorativo.
Unha das cinco finalistas será editada como postal de felicitación oficial do concello.
Entrega de premios:  
Terá lugar durante o transcurso da Festa de Reis que se celebrará en A Seca o día 5 de xaneiro.

Moita sorte a todos! 


domingo, 13 de outubro de 2013

Benvida 13/14

Ola a todos!
Xa abrimos as portas fai case dúas semanas pero....
Agora sí, é tempo de daros a benvida a todos e a todas. Un ano máis, desde o blogue, iremos contando toas as novas importantes e de interese.

Para comezar, aquí vos deixamos un artigo, que da pé, á reflexión.

  TODOS TENEMOS UN LIBRO QUE NOS ESPERA

"Éste es un artículo apasionado. Una carta de amor a la literatura. Las novelas son como los sueños de la Humanidad: ponen palabras a lo que no tiene nombre, dan forma a ese rugiente magma que nos habita. No hay ningún libro, ningún autor imprescindible. Si Shakespeare, si Cervantes no hubieran existido, el devenir del mundo hubiera sido probablemente idéntico. Pero los libros, en su conjunto, sí son imprescindibles. Si se les impide soñar, las personas enloquecen: está comprobado. De la misma manera, sin novelas, la Humanidad sería mucho más triste y más enferma.
Hay algo sustancial que nos une, a la narrativa. Quizá sea, como dice Vargas Llosa, porque la novela pone un simulacro de orden en nuestras azarosas y caóticas existencias; porque restaña, por tanto, la herida del vivir, el mal oscuro. Pero no quiero ponerme trascendente: lo que sí sé es que las novelas me han dado muchas vidas. He visitado cientos de mundos, he sido dama victoriana, rey medieval y bucanero. He conocido el odio y el amor, la aventura y el vértigo. Todos tenemos un libro que nos espera, de la misma manera que a todos nos aguarda un amor en algún sitio: la cosa es descubrirlo. Los que no disfrutan con la lectura son aquellos que no han encontrado aún ese libro, esa obra que les atraparía y les dejaría temblorosos y exhaustos, como siempre dejan las grandes pasiones. Lo siento por ellos".
                                           Rosa Montero (escritora e periodista)








martes, 20 de agosto de 2013

Unha familia que le!

Non podemos resistirnos a facer un alto nas vacacións para facer pública esta fotografía. Realizada esta semana (previa aprobación dos retratados) por unha compañeira doutro cole, aquí tedes un exemplo marabilloso dunha familia que le na praia, demostrando así que aprendemos por imitación. Se os maiores len, os pequenos tamén o farán. Aínda que non se aprecia na foto, ata a avoa está lendo. 
A nosa noraboa á familia. 



martes, 18 de xuño de 2013

Cuarta gran liberación de libros mundial!

El club de los libros perdidos envíanos esta proposta, que nos parece moi interesante:

"PRÓXIMA CITA PARA LIBERAR O "SEMBRAR" LIBROS

La idea es "liberar" (dejar) un libro en un espacio público (farmacia, automercado, bar, transporte público, cine, museo, etc...). Pueden participar de la propuesta todos aquellos que lo deseen liberando un libro este 21 de junio de 2013 en el lugar donde vivan o se encuentren en ese momento.

Para participar, dejá un libro en un espacio público con una dedicatoria en una de sus páginas que indique:

- Que el libro forma parte de "El Club de los Libros Perdidos".

- Que es de quien lo encuentre pero que al finalizar su lectura deberá ser liberado, para que pueda ser disfrutado por otras personas nuevamente.

- El día y el lugar en dónde fue perdido, así en cada liberación sera posible saber por dónde ha viajado.

¡Muchas gracias por participar de esta gran cruzada y compartir la iniciativa con tus amigos!

¿Qué les parece? Y así lo haremos al inicio de cada estación, pues es sabido que hay libros de primavera, de verano, de otoño e invierno...y bueno sería que en cada estación se sembraran en nuevas manos y corazones, ¡y así seguirían siempre vivos!". 


luns, 17 de xuño de 2013

Premio Mingote

Pinto e Chinto acaban de acadar o Premio Mingote por unha das súas viñetas publicadas en La Voz de Galicia, acerca da crise.
Este premio, concedido polo diario ABC ao humorismo gráfico, lémbranos esa maneira de facer xornalismo de opinión a través da combinación de debuxo e texto e baixo a óptica do humor.
Pero, Pinto e Chinto ademais de ser unha parella de debuxante e escritor, tamén teñen achegado á literatura infantil obras de moita interese como Minimaladas e Novas minimaladas, Contos para nenos que dormen deseguida, Nicomedes o pelón, O oficios de Chuquelo, Circo Rigatoni, A maceira que daba calquera cousa menos mazás, As estrambóticas viaxes de Gulliver, Suca, Historia de Román o bombeiro, ...
Pinchando aquí, podedes ver a nova en La Voz de Galicia, na súa edición dixital.
Moitas felicidades desde Raxó!!

Viñeta de Pinto e Chinto, 17.06.13


domingo, 16 de xuño de 2013

Ludoteca na rúa

O Concello de Sanxenxo ofrece unha ludoteca para este verán, para nenos de 3 a 12 anos. Nela haberá xogos, teatro, obradoiros e excursións.
O horario é de 9.00 a 14.30 horas de luns a xoves e, o venres, de 9.00 a 12.00 horas. A inscrición farase no Pazo Emilia Pardo Bazán. O prezo é de 15 euros.
No cartaz podedes ver as datas e lugares de realización.
Máis información no 986 727936.

venres, 14 de xuño de 2013

5ª pregunta "Para saber máis"

Sabes que é? 

BUSCA INFORMACIÓN NA BIBLIOTECA, PREGUNTA NA CASA, AOS TEUS COMPAÑEIROS.
PISTA: DESDE O PATIO DO COLEXIO, PODES VER ONDE SE CRÍAN.
ATENCIÓN!!! AS RECEITAS TERÁN PREMIO.



Nesta penúltima pregunta responderon os seguintes alumnos: 
5º de E. Infantil: Celeste, Manuela, Azahara, Lucía, Sergio, Gimena, Pablo, Hugo, Fátima, Inés, Naim e Lola. Todos levaban unha receita para acompañar. 
1º de E. Primaria: Daniel, Silvia, Javier, Halan, Elías e Noa. Todos coa súa receita. 
5º de E. Primaria: Josué. 
6º de E. Primaria: Álvaro, Alba, Maika, Mónica, Manuel, Gonzalo, Roberto, Sabela, Alberto, Noelia, Mª Victoria, Jorge, Gabriela e Martín. Joaquín e Ana, ademais, incluíron unha receita. 

E, entre todas as respostas, eliximos esta:
Daniel: "Son mexillóns tigre. 
Ingredientes: mexillóns, cebola, salsa de tomate, tabasco, auga, sal. 
Elaboración: Poñer aceite nunha tixola. Rustrir a cebola picada ben miudiña. Engadir a salsa de tomate, o tabasco, o sal e a auga. Abrir os mexillóns coa salsa picante por riba, quentes ou fríos". 

Na entrada, xa tedes a última pregunta deste curso. Rápido, soamente quedan dous días para responder. 

xoves, 13 de xuño de 2013

Ese lugar chamado biblioteca...

Aquí tedes un artigo do xornal El País onde se reflicte a situación actual das bibliotecas nacionais (en Galiza, de cara o curso que vén, redúcese nun 60% a subvención). Pero, ao mesmo tempo, detéctase un raio de esperanza porque, as bibliotecas, seguen a traballar co mesmo esforzo e ilusión ca nos anos anteriores.
E unha vez máis, Finlandia, destaca por encima do resto de países. Un exemplo a seguir en materia educativa e cultural!


Outro premio para Kalandraka!!

A editorial pontevedresa acaba de obter o terceiro premio os libros mellor editados na categoría de "Obras Generales y de Divulgación". Este, é o recoñecemento que o Ministerio de Educación e Cultura, lle outorgou en recoñecemento ao seu traballo coa obra Ocultos. Esta obra, conta con texto de Xulio Gutiérrez e ilustracións de Nicolás Fernández. Neste caso, é a única presenza galega nunha listaxe na que o xurado valorou un total de 196 obras en cinco categorías.
Lembremos que esta editorial xa conta co "Premio nacional a la mejor labor editorial cultural 2012".
Neste enlace tedes todos os premiados.

sábado, 1 de xuño de 2013

Lectores do mes: León Rossol e Desiree Cardoso

Emoción ata o final! Non podíamos rematar o curso de mellor xeito. Temos un empate este mes de maio. Os afortunados son Desiree Cardoso González de 2º e León Rossol Pacheco de 4º. Imos coas súas entrevistas!

LEO: Ola chicos! Como vos chamades?
LEÓN: León. 
DESIREE:  Desiree. 
LEO: Cantos anos tedes?
LEÓN: 9 anos.
DESIREE: 8 anos. 
LEO: E en que curso estades?
LEÓN: En 4º. 
DESIREE: En 2º.
LEO: Cales son os teus libros preferidos León?
LEÓN: Os cómics de Mortadelo e Filemón. 
LEO: Levas lidos un montón deles eh...
LEÓN: Sí, desde abril. 
LEO: E cal é o teu preferido de todos os de Mortadelo e Filemón?
LEÓN: O de Armas con bicho ("Armas con bicho" en Todo Mortadelo y Filemón de Francisco Ibáñez. Ediciones B).  
LEO: E ti Desi, cales son os teus preferidos?
DESIREE: Os de animais. Todos os que tratan de animais. 
LEO: E tes algún favorito?
DESIREE: Sí. O do coello ("El conejo". Colección Mira cómo crezco. Editorial Edebé). 
LEO: Gústavos ler?
LEÓN: Sí. Moito.  
DESIREE: Moito.
LEO: E dicídeme unha cousa, cando ledes?
LEÓN: Eu leo antes de ir a cama e despois de facer os deberes. Algunhas veces leo só, en baixiño e outras, leo con Santi (irmán).
DESIREE:  Eu leo despois de facer os deberes, algunhas veces, cando me apetece. 
LEO: E ti les con alguén, Desi?
DESIREE:  Sí. Ás veces, leo co meu irmán. 
LEO: Desi, dime un libro da biblio que lles recomendas aos teus compañeiros para ler.
DESIREE: O do hipopótamo ("El hipopótamo". Colección Mira cómo crezco. Editorial Edebé). 
LEO: León, ademais dos cómics de Mortadelo e Filemón, que outros libros che gustan da biblioteca de cole?
LEÓN: Pode ser unha revista?
LEO: Sí, claro. 
LEÓN: Pois a revista Boing gústame moito. 
LEO: E xa por último, ademais de coller libros para ler na casa, que outras cousas facedes na biblio?
LEÓN: Lemos contos e xogamos no ordenador. 
DESIREE:  Sí. Iso. 
LEO: Moitas grazas chicos. Dentro de moi pouquiño, xa poderedes ver a vosa entrevista no blogue. Espero que vos guste!!



Semana das Letras galegas

Estas son actividades que fixemos durante a Semana das Letras Galegas:
- O luns, aproveitando o bo día, narramos o conto viaxeiro, que fixeramos entre todas as aulas.
- O martes, visitounos o Mago Noel. Unha grande actuación.
- O mércores, recibimos a visita de dous avós, que nos contaron parte da súa infancia lúdica: que xoguetes había daquela, con que xogaban, como elaboran xoguetes, etc. Rematamos este semana facendo unha festa da primavera e probando as delicias que fixeron os máis cativos no seu obradoiro de cociña.






mércores, 29 de maio de 2013

Campus Inglés


Campus de Inglés

O Concello de Allariz propón un campamento de inglés con diversas actividades, do 5 ao 14 de agosto, para nenos de 8 a 16 anos.
A data límite de inscrición é o 5 de xullo. No seguinte ENLACE podedes atopar máis información.