xoves, 27 de decembro de 2012

Felices festas!

A dirección e o equipo de Biblioteca do CEIP ESPEDREGADA queren desexarvos unhas felices festas e  un feliz aninovo!















GUÍA DE LECTURA NADAL 2012, DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE A CORUÑA





mércores, 26 de decembro de 2012

Recomendacións de lecturas para o Nadal

Como chega o Nadal, que é tempo de lecer e de ler, aquí vos deixo as recomendacións de lectura, que levan un pouquiño de todo e son para todos. Feliz 2013!!

Educación Infantil:

TÍTULO: Un libro
AUTOR: Herve Tullet
EDITORIAL: Kókinos
O autor, licenciado en Belas Artes, invitanos a xogar coas súas ilustracións e a ver o libro dun xeito moi distinto ao que estamos acostumados. Trátase dun libro interactivo que comeza coa seguinte instrución: “pulsa sobre o círculo amarelo”...



TÍTULO: Unha casa a medida

AUTOR: Daniela Kulot
EDITORIAL: Kalandraka
Daniela Kulot é unha recoñecida pintora, ilustradora e deseñadorae, desde 1999, tamén é profesora de debuxo.
Os protagonistas son unha parella atípica de namorados que deciden ir vivir xuntos. Con un pouco de enxeño e grandes doses de humor terán que vencer os problemas resultantes da convivencia. A tolerancia, a familia e o respecto son algúns dos valores que se traballan neste libro.

1º ciclo de Educación Primaria:

TÍTULO: El fantasma que odiaba las matemáticas
AUTOR: Rafael Ortega de la Cruz
EDITORIAL: Nivola

O autor, mestre, decidiu escribir varios libros sobre as matemáticas para facelas máis amenas e divertidas para os alumnos. Neste caso, a protagonista é Lucía,  unha nena de sete anos, que odia as matemáticas. Unha noite escoitauns choros na súa habitación e decide investigar dentro do seu armario. Alí descubre a Bruno...




TÍTULO: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
AUTOR: Chema Heras (texto) e Kiko Dasilva (ilustracións)
EDITORIAL: Kalandraka

Chema Heras é profesor de inglés en Cambados. 
Este conto é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno acerca deste acontecemento tan especial.
O pai de Martiño avisarao de que “os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos” pero a medianoite a Martiño entráronlle unhas enormes ganas de mexar…

2º ciclo de Educación Primaria: 


TÍTULO: Nacer. Animais Extraordinarios
AUTOR: Xulio Gutiérrez (texto) e Nicolás Fernández (ilustracións)
EDITORIAL: Kalandraka 
X.Gutiérrez é profesor e autor de máis de vinte libros sobre natureza.

Nacer é un libro ameno e de grande atractivo  visual no que o autor, ofrece información dosificada de diversos animais como o cabaliño de mar ou o bonobo. Nacer é o segundo volume desta colección de animais  extraordinarios. 



TÍTULO: Los despistes de Spider
AUTOR: Alan Durant
EDITORIAL: Alfaguara


Spider está demasiado ocupado soñando. Coa súa mente ocupada, sempre vai dous pasos por detrás dos seus amigos. Sen embargo, ten un especial talento xogando ao fútbol ou na obra de teatro do colexio.

3º ciclo de Educación Primaria:

TÍTULO: Rita y el secreto de la piedra negra
AUTOR: Mikel Valverde
EDITORIAL: Macmillán


Rita atópase nunha expedición en Libia cando unha serpe pica aún dos seus compañeiros. Como non teñen menciñas, deciden buscar un remedio natural. A partir de aquí comeza unha apasionante viaxe por África na cal non faltará o humor, a solidariedade e a ambición.
Valverde, licenciado en Belas Artes, é o autor e ilustrador desta colección chamada El mundo de Rita. 



TÍTULO: Querido hijo: estás despedido
AUTOR: Jordi Sierra i Fabra
EDITORIAL: Alfaguara


Pode unha nai despedir ao seu fillo? Pois iso é o que lle ocorreu a Miguel por desordenado, traste e desobediente. De nada serven as promesas, Miguel deberá abandonar a súa casa en menos de trinta días. 

TÍTULO: Contos por teléfono
AUTOR: Gianni Rodari
EDITORIAL: Kalandraka


Obra maxistral de Gianni Rodari (político, pedagogo e profesor italiano de fama mundial) composta por setenta relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente. PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO 2011. 




Lectora do mes: Noa García


Xa temos lector do mes de decembro: Noa García de primeiro curso. Aquí tedes a entrevista que lle fixen a semana pasada: 

LEO: Como te chamas e cantos anos tes?
NOA: Chámome Noa e teño 6 anos. 
LEO: En que curso estás?
NOA: En primeiro de primaria. 
LEO: E cal é teu libro preferido?
NOA: Los mejores cuentos ("Los mejores cuentos de Gloria Fuertes". Editorial Susaeta)
LEO: Estás lendo algún libro agora?
NOA: Sí, un dos Bolechas. 
LEO: Que lle dirías aos teus compañeiros para que fosen á biblioteca cole?
NOA: Chicos! Vinde! Que hai libros moi interesantes. 
LEO: Por que cres que se debe ler moito?
NOA: Porque é bo ler moito e porque así aprendes moitas cousas. 
LEO: Para rematar, que pensas da biblioteca do cole?, Botas algunha cousa en falta?, Pensas que se pode mellorar algo?, Que che gustaría facer na biblio? 
NOA: Sí, mirar no ordenador unha cousa chuli. 
LEO: Moitas grazas Noa!!


xoves, 13 de decembro de 2012

Biblioteca Municipal de Poio

A Biblioteca Municipal de Poio ten en marcha varias iniciativas para este mes. 
A primeira delas é unha Lotería de Libros que se rifará entre os usuarios que este mes de decembro collan algún préstamo. A cesta de libros está composta por obras literarias, cómics e CD e o sorteo levárase a cabo o próximo venres día 21. 
A segunda actividade será a entrega dun premio aos Lectores do ano. Neste caso, entregarase un lote de libros aos usuarios (infantíl e adulto) que máis exemplares demandaran da biblioteca en todo o 2012. 
Desde a biblio de Espedregada, animámosvos a participar nestas actividades!!

mércores, 12 de decembro de 2012

Declaración e Dereitos Humanos

Neste 10 de decembro suxerimos as seguintes lecturas:

Primeiros lectores:
Os nosos dereitos de Maria Joao Carvalho





Lectores avanzados:
Tengo derecho a ser niño de Alain Serres

*

Lectores expertos:
Dereitos do neno e da nena de Pepe Carreiro















luns, 3 de decembro de 2012

Lector do mes: Nerea Medrano!

Xa temos lector do mes de novembro: Nerea Medrano de segundo curso. Aquí tedes a entrevista que lle fixen a semana pasada: 

LEO: Como te chamas e cantos anos tes?
NEREA: Chámome Nerea Medrano e teño sete anos. 
LEO: En que curso estás?
NEREA: En segundo de primaria. 
LEO: Cales son os libros que máis che gustan?
NEREA: Os de amor e os de animais. 
LEO: E cal é teu preferido?
NEREA: O que estou lendo agora: "Se vende papá" (de Care Santos, editorial SM). 
LEO: Que lle dirías aos teus compañeiros para que fosen á biblioteca cole?
NEREA: Que hai cousas moi interesantes. 
LEO: Por que cres que se debe ler moito?
NEREA: Porque aprendes máis cousas. 
LEO: Para rematar, que pensas da biblioteca do cole?, Botas algunha cousa en falta?, Pensas que se pode mellorar?, Que che gustaría facer na biblio? 
NEREA: Non se me ocorre, gústame así. 
LEO: Moitas grazas Nerea!!



xoves, 29 de novembro de 2012

1ª pregunta "Para saber máis"

A primeira pregunta é esta:
Sabes que animal é este? Onde vive? Cal é a súa alimentación? Debes elaborar unha resposta completa...





















Xa rematou o prazo para responder á primera pregunta do concurso. Os participantes foron os seguintes: 
Laura e Candela de 4º de E. Infantil
Naim, Manuela, Hugo, Pablo, Celeste, Sergio, Lucía, Lola, Gimena, Inés, Azahara e Fátima de 5º de E. Infantil
Saúl, Ángel, Miguel, Jose, Alfonso e Diego de 6º de E. Infantil
Noa e Santiago de 1º de E. Primaria
León, Andrea e Uxía de 4º de E. Primaria
E....a resposta máis completa é.....temos un empate!!
Santiago León responderon: "O esquío vive en todo tipo de bosques. É un roedor sociable e moi simpático. Come froitos secos e sementes. É unha especie moi antiga que no inverno ten longos e alucinantes pelos nas orellas e no verán desaparecen. Mide entre 15 e 20 centímetros". 
Lola escribiu: "É un esquío. Come castañas e landras e vive nunha árbore". 

Non esquezades consultar o taboleiro da entrada para ver a vosa puntuación e lembrade que xa empezou o prazo para responder á segunda pregunta. 
Moitas felicidades aos tres!! 



Concurso "Para saber máis"

Comezamos esta semana un novo concurso. Cada quince días faremos unha pregunta que estará exposta na entrada do cole. Tamén haberá unha caixiña na que deixaredes as vosas respostas. Ao rematar cada pregunta, escribiremos o nome de todos os participantes no blogue e publicaremos a resposta gañadora. Lembrade que, na biblioteca, podedes atopar toda a información que precisedes para responder ás preguntas. Tamén podedes preguntar na casa ou aos compañeiros. Participade!!

sábado, 24 de novembro de 2012

Día Internacional de Loita contra a Violencia Doméstica

Neste 25 de novembro suxerimos as seguintes lecturas: 

Primeiros lectores: 
Rosa Caramelo de Adela Turín. 

Pinchando na imaxe, podedes ver o conto: 


Lectores avanzados: 
Nin un biquiño á forza do Servizo Galego de Igualdade (Xunta de Galicia)

Lectores expertos:  
O libro dos porcos de Anthony Browne (Kalandraka) 



xoves, 22 de novembro de 2012

Xa está dispoñible a programación de Culturgal 2012. Na programación familiar tedes actividades moi interesantes. Desde a Biblio de Espedregada os recomendamos dúas: "O señor das dunas" e "Cousas de cans" de Pepe Carreiro. Animádevos!!
Programación Culturgal 2012

IX Xornadas de Bibliotecas Escolares

Ola!! Pinchando neste enlace IV Xornadas de Bibliotecas Escolares, poderedes ver toda a información acerca destas xornadas, celebradas en Santiago de Compostela, os días 9 e 10 de novembro.

mércores, 21 de novembro de 2012

Felicidades Sergio!!

Hoxe soubemos que, Sergio de 5º de E. Infantil, foi o gañador do concurso das postais de Nadal, organizado polo Concello de Poio. 
Moitas felicidades!!

mércores, 24 de outubro de 2012

Samaín

Como adianto do Samaín, AQUÍ , tedes un video do conto "Fiz,o coleccionista de medos" escrito por Fina Casalderrey e publicado pola editorial OQO.

martes, 16 de outubro de 2012

Concellería de Cultura de Poio

O día 24 de Outubro, a Concellería de Cultura do Concello de Poio porá en marcha o Club de Lectura na Escola de Campo de Combarro,dita actividade terá lugar os mércores ás 20:15 e as sesión alternarán semana si,semana non. FOTO

luns, 15 de outubro de 2012

domingo, 14 de outubro de 2012

Xa estamos aquí!

Dende o día 1 de Outubro xa estamos a disposición ao alumnado, familias, exalumnos, profesorado,...
A biblioteca estará aberta de luns a venres durante o recreo.
O alumnado poderá realizar o préstamo e devolución os martes e xoves durante o recreo ou durante a hora de biblioteca acompañado do/a titor/a.
Para facilitar ás familias e ex-alumnos o préstamo e devolución, a biblioteca estará aberta os martes e venres de 9:00 a 9:30.
As mochilas viaxeiras comezarán a súa viaxe o día 24 coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares.
Por último,recordar que a Editorial Kalandraka acaba de recibir do Ministerio de Educación o premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural 2012.Hai máis información no enlace http://www.kalandraka.com/es/noticias

mércores, 27 de xuño de 2012

martes, 26 de xuño de 2012

luns, 14 de maio de 2012

Preparando o conto viaxeiro

Para celebrar libros e letras Leo propúxonos elaborar un conto viaxeiro.Unha vez máis participamos todos os cursos, dende infantil ata sexto.Estas son algunhas das imaxes que recollemos cando traballabamos na ilustración.

domingo, 13 de maio de 2012

Ler para escribir - Escribir para ler

Para a festa do libro Leo tamén nos invitou a participar nunha actividade que consistía en poder levar un libro da exposición que había na entrada do colexio previo depósito na urna dunhas liñas nas que os aspirantes a premio nos falaran da súa afección á lectura e dos seus gustos literarios. Unha mostra da exposición cos libros que regalaba Leo
A urna coas papeletas para participar

Presentando libros

Nesta actividade asistimos á presentación de distintos libros. Cada curso, dende infantil ata sexto, decidía que libros e que nenos facían a presentación. Houbo presentacións en gran grupo...
En grupos máis pequenos...
As máis lectoras atrevéronse soas,
Parellas que presentaban un único libro...
E parellas que presentaban cadanseu.

Celebrando os libros e as letras

Durante os meses de abril e maio Leo vén propoñéndonos actividades para celebrar xuntos estas dúas festas que no noso colexio van da man. Iniciamos as distintas actividades propoñendo a cada alumno que reflexara por escrito uns parágrafos, ou versos se era o caso, do seu libro preferido. Con todo o que recollemos fixemos un camiño que baixaba das aulas á biblioteca. Ao final do camiño tamén estaban as liñas que Leo nos deixou escritas e que volas deixamos aquí.

xoves, 12 de abril de 2012

I Encontro "Lemos Xuntos"

Esta semana celébrase en Sanxenxo, no auditorio "Emilia Pardo Bazán" o I Encontro "Lemos Xuntos".

Para ver o programa pincha aquí

domingo, 18 de marzo de 2012

Semana da prensa




Durante estes días estivemos recibindo distintos periódicos para traballar con todo o alumnado,dende sexto ata infantil. Non faltou un periódico deportivo que, como puidemos comprobar, era o máis solicitado polos nenos. Ao longo da mañá os periódicos circulaban polo colexio para que puideran estar en todas as aulas. Temos que dicir que contamos coa colaboración dun repartidor de excepción, Roi, el encargouse de recoller os periódicos na librería de seus pais e traernos noticias fresquiñas durante uns días que a máis de un lle souberon a pouco.

domingo, 4 de marzo de 2012

Semana Rosalía de Castro








Para conmemorar o 175 aniversario do nacemento de Rosalia de Castro, Leo invitounos a participar nun recital de poesía. Todos, dende infantil a sexto, preparamos os poemas na semana do 24 de febreiro ao 2 de marzo. Este día xuntámonos todos no ximnasio para celebrar esta data.