luns, 24 de maio de 2010

Club de lectura "Leo, leo 1"

Este curso o Club de lectura do 1º ciclo estivemos a ler un libro de poesía titulado: "De la A a la Z con Don Quijote".
Escribiuno un mozo que se chama Rafael Cruz Cantarini e ten poesías do Quixote e da historia das súas aventuras.

Os poemas están ordenados alfabéticamente segundo o seu título.
Os protagonistas son Don Quixote, Sancho, Rocinante e Aldonza, máis coñecida por Dulcinea.

No Club de lectura do noso colexio, aprendemos as poesías de memoria para despois recitalas no Día do libro que, por certo, fixémolo moi ben.

Este libro gústame moito porque os poemas son moi "guais" e o que máis me gusta é o que fala de Rocinante que era o cabalo de Don Quixote.

Miguel 2º Curso


venres, 14 de maio de 2010

Feliz Día das LETRAS GALEGAS a tod@s!!

O Día das Letras Galegas é unha celebración moi impotante para tod@s, así que procuramos facer que esta data sexa un motivo máis para recordar que debemos conservar a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa música, a nosa gastronomía, os nosos costumes e un montón de cousas máis que sen eles non tería sentido a nosa condición de galegos; polo que procuramos dedicarlle un tempo dentro das actividades diarias para fomentar este sentimento.
Como sabedes este ano o protagonista é o poeta Uxío Novoneyra que levou a súa Terra sempre no corazón e, a través da súa palabra, amosa a conciencia galega que leva dentro.
Obras como "Os Eidos", "Poemas caligráficos" ... fan del un autor mítico e revelador.

Estes son algúns dos murais que o Equipo de Normalización elaborou cos alumn@s.






Finalmente, entregouse a tod@s a revista "O Faro da Serpe"deste ano que amosa os traballos que fixeron os alumn@s, pais/nais e mestres arredor da cultura galega:



mércores, 5 de maio de 2010

Nova sesión de contacontos




Unha vez máis, un grupo de

alumn@s do colexio animámonos
a participar nesta actividade
escolar, porque como nós
dicimos, "molan" moito,
resúltanos atractiva e
pasámolo moi ben.




Nós eleximos un conto clásico pero non moi coñecido, ensaiamos unha semana na "Hora de Ler" para estaren ben preparadas. Somos un grupo de tres nenas de 6º e unha de 5º que se prestou a facer de narradora.






O conto titulábase: "Ratón de campo, ratón de ciudad". Fixemos dúas sesións, unha para os de Infantil e outra para os de terceiro.
Finalmente, repartímoslle unha ficha para que puxeran os nomes dos personaxes e, posteriormente, a acoloreasen.

Laura, Carla, Carmen e Sara (3º C.)