mércores, 24 de marzo de 2010

Cóntame un conto e verás...


Como o seu nome indica, os "Nen@s contacontos" son rapaces e rapazas de todas as idades que, de xeito voluntario, participan na animación á lectura na biblioteca os mércores á "hora de ler."

Estes alumn@s, ademais de sentirse ben e disfrutar contando historias, queren transmitir, coa súa participación, o gusto pola lectura e polos libros; que os que escoitan se divirtan e aprendan.

Eu encargueime de iniciar este ciclo de contacontos cunha historia que me encanta: "Hércules" e contéillela aos alumn@s de Infantil e Primeiro ciclo.

Teño que dicir que o pasei moi ben, porque estiveron tod@s moi atentos, participaban facéndome preguntas... Penso que lles gustou tanto coma a min.
Despois do conto, ensineilles a canción de Hércules, bailámola e repartinlle fichas coa letra e con debuxos para que os coloreasen ao seu gusto.

Laura 5º



Mural poético: "Abeflorario"


O noso mural de 4º

Este mural fixémolo entre todos os alumn@s de cuarto curso e ímosvos explicar como o realizamos:
Para comezar a facelo limos un poema chamado: "ABEFLORARIO".
Despois, pintamos as letras do alfabeto e fixemos a boneca.
Logo, pintamos os nomes das flores e, pouco a pouco, fomos buscando información sobre esas flores.
Por último, fixemos pareados e como vedes... velaí o resultado!

Colectivo de 4º


"Primavera poética"


Durante o mes de marzo, a través da Unidade temática: "Obradoiro de Poesía" que elaborou a biblioteca, traballamos a Poesía realizando diferentes tipos de actividades: lectura, memorización, recitados, escritura, debuxos, murais...
Tamén se confeccionaron catro pequenos libros de poemas a xeito de antoloxías tanto en galego como en castelán, adaptados a cada ciclo para traballar esta forma de expresión literaria.
E como vedes o baúl de Leo enchéuse de libros que falan en poesía, para axudar aos alumn@s a escoller os seus poemas preferidos.


venres, 5 de marzo de 2010

O "Salón do libro"






A participación no Salón do Libro é unha actividade coordinada polo Departamento de Actividades Complementarias que este ano se adica á Cidade".
Nós fixemos un libro onde se podía "viaxar" dende a cidade dos rañaceos ata a nosa que, aínda que é máis pequeniña (chamámoslle
vila) tamén é fermosa e, como non, é a que máis nos gusta.

Neste Salón onde o protagonista é o LIBRO vimos moitas cousas interesantes.


Primeiro aprendimos a compoñer e cantar regueifas e rap, despois visitamos os diferentes espazos onde se contan contos e onde participaron os máis pequenos do cole; logo recibiunos a mascota do Salón, un lobo moi simpático de cor azul; despois reparamos en todos os traballos feitos polos colexios e, cando chagamos ao noso, a monitora parouse especialmente para abrilo e ler o libriño que contiña
os nosos traballos.
Logo, falounos do escritor ao que está adicado este ano o Salón que é Agustín Fernández Paz, poidemos ver os seus libros, artigos e obras que lle inspiraron, tamén poidemos ler un pouquiño na exposición de libros que alí había e xogamos facéndonos fotos entre todos.

Para min foi unha excursión moi chula que mereceu a pena.


María (3º ciclo)









"COMPARTIMOS LECTURAS"

Como xa sabedes o Club de Lectura do 2º Ciclo: "Leo Leo 2" comezou a súa andaina no trimestre pasado e, despois dalgunhas sesións, queremos que vexades o que facemos.





Somos un montón de nenas e só dous nenos que cada certo tempo, reunímonos na biblioteca e falamos dos capítulos que limos na casa; tamén podemos apuntar todo o que nos chame a atención, facer pequenos comentarios... nunha libreta que forma parte do material que nos dan a os que pertenecemos a un club de lectura.
Nós estamos lendo un libro que se chama "La ciudad secreta" dunha escritora italiana que asina os seus libros co nome de Tea Stilton. Aínda non sabemos o final, pero promete ser un libro cheo de aventuras e intriga.
Xa vos teremos informad@s.


Mónica 3º curso