martes, 22 de xuño de 2010

E chegou o día!!!


Ola nen@s!! Son Leo:

Arestora moitos de vós xa estades disfrutando dunhas merecidísimas vacacións. Despois de tantos días de traballo e esforzo, de alegrías e bos ratos, supoño que estabades desexando que este día chegara; pois ben, xa está aquí!!!






Agora temos tempo para descansar, estar cos amig@s, pasear, viaxar, ir á praia e infinidade de cousas máis.



Pensade tamén que na lectura e nos libros podemos atopar fermosas historias que nos poden facer pasar bos ratiños e, incluso, transportarnos a lugares lonxanos viaxando co poder da imaxinación.




















Así que non vos esquezades de ler moito: libros, revistas, guías de viaxe, letreiros, carteis... todo vale se se aprende algo.



Moitas gracias a tod@s os que nos seguistes e participastes coas vosas opinións; un bico especial a Nerea que sabemos que é a nosa seguidora "number one", outro para a profe Montse e aos alumn@s de 3º, tamén para Loly (nai de María) polo seu apoio, a Pracer (coordinadora da Biblioteca de Salcedo) polo seu ánimo e agarimo, ao Equipo da biblioteca e o tod@s os mestr@s e alumn@s que participaron nas actividades que se programaron durante este curso 2009-10.

Apertas e bicos a tod@s e a pasalo ben!!

luns, 7 de xuño de 2010

Sesión de contacontos


Despois de varios días de ensaios, xa que para nós era a primeira vez que traballamos con títeres, decidímonos a representala para os máis pequenos e tamén para os alumn@s de 4º.

Temos que dicir que foron moi participativos e, a verdade é que nos quedaron gañas de máis... pero o ano que vén continuaremos seguro.

Aquí podedes ver uns anaquiños da nosa obra que foi narrada por Mario, un alumno de 2º que ía comentando as escenas.

Foi tamén ambientada con música de F. Schubert e, finalmente, repartimos a tod@s unhas fichas de comprensión alusivas ao conto.
En total participamos sete e o reparto de papeis foi así:
Mario (contacontos), Andrea (Carapuchiña), Carlota (amiga de Carapuchiña), Nerea (nai de Carapuchiña), avoa (Uxía), Leticia ( lobo), Daniel (cazador).



luns, 24 de maio de 2010

Club de lectura "Leo, leo 1"

Este curso o Club de lectura do 1º ciclo estivemos a ler un libro de poesía titulado: "De la A a la Z con Don Quijote".
Escribiuno un mozo que se chama Rafael Cruz Cantarini e ten poesías do Quixote e da historia das súas aventuras.

Os poemas están ordenados alfabéticamente segundo o seu título.
Os protagonistas son Don Quixote, Sancho, Rocinante e Aldonza, máis coñecida por Dulcinea.

No Club de lectura do noso colexio, aprendemos as poesías de memoria para despois recitalas no Día do libro que, por certo, fixémolo moi ben.

Este libro gústame moito porque os poemas son moi "guais" e o que máis me gusta é o que fala de Rocinante que era o cabalo de Don Quixote.

Miguel 2º Curso


venres, 14 de maio de 2010

Feliz Día das LETRAS GALEGAS a tod@s!!

O Día das Letras Galegas é unha celebración moi impotante para tod@s, así que procuramos facer que esta data sexa un motivo máis para recordar que debemos conservar a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa música, a nosa gastronomía, os nosos costumes e un montón de cousas máis que sen eles non tería sentido a nosa condición de galegos; polo que procuramos dedicarlle un tempo dentro das actividades diarias para fomentar este sentimento.
Como sabedes este ano o protagonista é o poeta Uxío Novoneyra que levou a súa Terra sempre no corazón e, a través da súa palabra, amosa a conciencia galega que leva dentro.
Obras como "Os Eidos", "Poemas caligráficos" ... fan del un autor mítico e revelador.

Estes son algúns dos murais que o Equipo de Normalización elaborou cos alumn@s.






Finalmente, entregouse a tod@s a revista "O Faro da Serpe"deste ano que amosa os traballos que fixeron os alumn@s, pais/nais e mestres arredor da cultura galega:



mércores, 5 de maio de 2010

Nova sesión de contacontos




Unha vez máis, un grupo de

alumn@s do colexio animámonos
a participar nesta actividade
escolar, porque como nós
dicimos, "molan" moito,
resúltanos atractiva e
pasámolo moi ben.




Nós eleximos un conto clásico pero non moi coñecido, ensaiamos unha semana na "Hora de Ler" para estaren ben preparadas. Somos un grupo de tres nenas de 6º e unha de 5º que se prestou a facer de narradora.






O conto titulábase: "Ratón de campo, ratón de ciudad". Fixemos dúas sesións, unha para os de Infantil e outra para os de terceiro.
Finalmente, repartímoslle unha ficha para que puxeran os nomes dos personaxes e, posteriormente, a acoloreasen.

Laura, Carla, Carmen e Sara (3º C.)

luns, 26 de abril de 2010

As nosas publicacións


















Estas son algunhas das publicacións que se fixeron ao longo do curso enmarcadas en diferentes actividades programadas no centro:
Normalización, Hora de ler...















Alumn@s de 5º



















Alumn@s de 3º












































Alumn@s de 3º




venres, 23 de abril de 2010

23 de abril...


Despois dunha semana de intensos de preparativos chegou o Día.
Como podedes observar no Programa de actuacións,participaron tod@s os alumn@s do colexio onde a poesía foi a máxima protagonista con pinceladas de arte, toques de música e moita literatura.







Xornadas de lectura con arte.
















Dentro das actividades programadas para celebrar a " Semana do Libro e a lectura" temos que salientar a preparación dunha exposición fotográfica de obras de arte onde o libro é o tema principal.

A exposición leva por título: "Arte con libros"
e ao longo desta semana, os alumn@s, acompañados polos titores-as visitaron a exposición coa axuda dunha Guía explicativa; despois debían elexir un título a cada unha das trece láminas.

Posteriormente, rotularanse xunto co título orixinal dos autores, os máis creativos.



































Alumn@s visitando a exposición.

Reunímonos cos libros

Momentos de lectura dos máis pequenos do cole na Hora de ler.



Esta actividade estase levando a cabo este curso por primeira vez con moi boa acollida por parte da comunidade escolar.

Os nen@s disfrutan da lectura despois dos recreos, nesta media hora aproveitamos para tomar un respiro e relaxarnos un pouquiño sumerxíndonos de cheo nos libros.
















Alumn@s de E. Infantil.



BOAS LECTURAS!!

Máis murais de primavera.

Pouco a pouco todos os rincóns do colexio vanse enchendo de flores de todas as formas e cores.
Benvida Primavera!!




Alumn@s de Terceiro ciclo.






Alumn@s de Infantil.

mércores, 7 de abril de 2010

Sabores de Galicia.

A través deste traballo sobre a gastronomía galega no que todos participamos , tanto na busca de información en diversas fontes, coma no tratamento da mesma (realizando resumes , facendo a montaxe...) queremos sinalar a importancia que a gastronomía ten para as culturas e, en concreto, para a nosa, xa que a calidade dos produtos e o xeito de preparalos fan que a cociña galega sexa valorada e recoñecida mundialmente.

Podemos resumir este traballo cun lema:
"Un pracer saudable para os sentidos".

(Colectivo 5º)






mércores, 24 de marzo de 2010

Cóntame un conto e verás...


Como o seu nome indica, os "Nen@s contacontos" son rapaces e rapazas de todas as idades que, de xeito voluntario, participan na animación á lectura na biblioteca os mércores á "hora de ler."

Estes alumn@s, ademais de sentirse ben e disfrutar contando historias, queren transmitir, coa súa participación, o gusto pola lectura e polos libros; que os que escoitan se divirtan e aprendan.

Eu encargueime de iniciar este ciclo de contacontos cunha historia que me encanta: "Hércules" e contéillela aos alumn@s de Infantil e Primeiro ciclo.

Teño que dicir que o pasei moi ben, porque estiveron tod@s moi atentos, participaban facéndome preguntas... Penso que lles gustou tanto coma a min.
Despois do conto, ensineilles a canción de Hércules, bailámola e repartinlle fichas coa letra e con debuxos para que os coloreasen ao seu gusto.

Laura 5º