xoves, 24 de decembro de 2009

Felicitación de Nadal




BOAS LECTURAS 2009/10 ! ! !

Nadal de cine.


Como remate das actividades deste trimestre proxectouse a película:
"Los Buddies en Navidad"








Todos os alumnos de colexio participaron nesta actividade.

Novidades e recomendacións de Nadal

Boletín de Lecturas para o Nadal





Recopilación de libros de Nadal.





Nova sección para pais/nais.





Algunhas das novidades.

xoves, 17 de decembro de 2009

Atención ao truco!!

A maxia da lectura...






Unha mesa que voa...












O poder da imaxinación...







A satisfacción dun traballo ben feito...








Un bonito detalle...







Gracias Christyan Magic.

O mago Christyan


Era unha mañá de decembro e, de súpeto, unha nova corría polo colexio na hora do recreo:

_Vai vir un mago!! dicían algúns nenos.


_Como dis? Lles preguntaba eu... Un mago??


_Si, si, un mago, pero un mago de verdade.


_ E como se chama? Preguntei.


_Non sabemos, porque os mestres non nos dixeron nada.


_ Que caladiño o tiñan, pensei para min...deixa deixa.



Entón, Laura mais eu, decidimos indagar por aí. A nosa sorpresa foi que cando chegamos á Biblioteca había un cartel que anunciaba a súa actuación que dicía:

"Decubre a maxia con Christyan Magic".



Era verdade o que dicían os nen@s... co que me gusta a min a maxia e os soños.


Cando chegamos ao ximnasio, alí estaba el, cunha chaqueta negra brillante, unha música suave e todos cos ollos abertos coma pratos.

Á primeira vista e verlle os ollos, xa me gustou. Era simpático, moi gracioso e rímonos un montón coas voces que facía.


Fixo moitos trucos de maxia: o libro que cambiaba os debuxos, os discos que cambiaban de cor,
o dado que voaba e, o máis impresionante, a mesa voadora...unha pasada de truco que, por máis que mirabamos por debaixo, non se vía nada de nada.


Tamén nos presentou o libro que fala del, de cando era rapaz e quería ser mago titulábase: "Atrapado na torre" Escrito por Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.

Ao final, adicounos o libro e quedou como agasallo na Biblioteca.

Moitas gracias Christian polo bo rato que pasamos xuntos!!!

Laura e Sara (5º Primaria).


mércores, 9 de decembro de 2009

Unha pequena reportaxe fotográfica.

Ola a tod@s!!!

Como falta pouquiño para rematar este trimestre, gustaríame compartir con vós uns anaquiños da "vida" da Biblioteca a través de imaxes que, como di a expresión "valen máis que mil palabras".


Sala de lectura ( Recuncho de entretenimento).







Sala de consulta (Información en rede).








Etiquetaxe de fondos (Axundantes de biblioteca).